DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Damos un paseiño por elas? 💙
SIGNAMOS A CANCIÓN DA "MARUXAINA"
Que neste cole temos moita marcha xa o sabemos todos, así que non nos puidemos resistir a meter un pouco de ritmo no noso proxecto mitolóxico cun dos nosos personaxes femininos favoritos agora que se achega o tempo de mar e praia: a Maruxaina.
Xunto ca mestra de AL aprendemos a signar a canción de Mekanika Rolling Band na que fala deste ser da mariña lucense e co profe de música démoslle o noso toque personal incluindo as nosas voces.
Seguro que estades desexando ver o noso videoclip, verdade? Esperamos que vos guste :)
5 de xuño. Día do medio ambiente
Unha data que sempre nos gusta conmemorar é o día do medio ambiente. Coma xa é habitual, seleccionamos dende a biblio algún conto para traballar esta celebración e lembrar a importancia de coidar do noso planeta comezando por pequenos xestos do día a día.
DÍA DA FAMILIA E DÍA CONTRA A HOMOFOBIA
O 15 e o 17 de maio, conmemoramos respectivamente o día da familia e o día contra a homofobia. Dende a biblio, fixemos coma sempre unha escolma dos nosos libros favoritos en torno a esta temática que foron traballando as titorías nas aulas e que colocamos na exposición do corredor.
Grazas, familia!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O mes de maio sempre é en Viñas o "mes da lingua" pero o día 17 é sen dúbida un día que celebramos con especial agarimo. Este ano, no que adicamos ás cantareiras o día das letras galegas, cada curso escolleu unha pequena canción popular para cantar ao resto do cole, acompañándoa co son das nosas pandeiretas artesás.
Despois, os cursos que así o quixeron puideron gravalas para o recordo na radio escolar.
DESEÑADORAS E DESEÑADORES
Agora que o curso xa está a piques de rematar, recibimos a última das cartiñas de Luno, na que nos convida a deseñar un amuleto para o noso ser mitolóxico inventado:
Para guiarnos un pouco, enviounos un resumo de todos ese seres que xa fomos coñecendo ao longo do curso xunto cos elementos ou feitizos que nos axudan a espantalos ou atraelosCon toda esta información, puxémonos mans á obra e coa nosa nova impresora 3D comezamos a darlle vida. Velaquí temos algún dos nosos resultados: