jueves, 10 de junio de 2021

II Concurso de fotografía

Un ano máis poñemos en marcha o noso concurso de fotografía. Nesta ocasión a temática é libre, queremos que nos enviedes fotos sobre aquelas cousas que máis vos gustan e que vos fan sorrir. Poden ser fotos das vosas paisaxes favoritas, das vosas mascotas ou de calquera outra cousa  que se vos ocurra. 

Unha vez saquedes a foto, tedes que enviala ao cole para poder participar no concurso. Recordade que ten que ser antes do 18 de xuño! 

Estamos desexando ver as vosas marabillosas fotografías!