lunes, 30 de marzo de 2026

Actuacións do mes



VISITAS DE MARZO


Este mes foi moi intenso. Tivemos a sorte de que viñeron ao centro unha morea de artistas a encher o cole de arte e diversión.

En primeiro lugar, Anxo Moure veu contar uns contiños á nosa biblio relacionados coa natureza.


E por outra banda, o día do teatro celebrámolo cunha gran obra de teatro: "DEDÍN, DEDAL". Cantamos, contamos, cosemos e emocionámonos con esta actuación chea de tenrura.







lunes, 23 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA

 POEMARIOS DE PETO


O pasado 20 de marzo celebramos o día da poesía, iniciando coma sempre cunha exposición dos libros que máis nos gustan relacionados con este xénero.




E xa que este ano temos a fortuna de contar co noso alumno de prácticas Diego Bará, experto en poesía, qué menos que pedirlle que comparta con nós algo do seu coñecemento.



 E así foi como desfrutamos dunha mañá elaborando uns bonitos poemarios de peto, que enchemos con versos que preparou Diego para todos nós. 

 


E finalmente, os maiores de 4º, 5º e 6º crearon os seus poemas en grupo, xuntando versiños que nos trouxo o profe. Deste xeito descubrimos a beleza de crear os noso propios poemas en grupiño.



miércoles, 18 de marzo de 2026

Día da muller

 8 M


Un ano máis conmemoramos unha das datas máis relevantes do ano: o día da muller. 
Este curso decidimos participar no concurso da Xunta "o noso canto: máis voces, máis igualdade".




Despois de escoitar a canción proposta que tanto nos gustou, por clases deseñamos un cartel que o representase. Os resultados foron preciosos 💫

Tan bonitos que...sabedes? Resultamos gañadores! O grupo de terceiro de primaria acudiu á entrega de premios en Santiago de Compostela e desfrutamos dun día marabilloso 💕






martes, 10 de marzo de 2026

TEMPO DE ENTROIDO

 🏡🏢CONSTRUIMOS UNHA CIDADE 🚧🚦

Estábamos ansiosos porque chegara esta data...  Argallamos unha boa!
Xa que estamos feitos uns especialistas no mundo das obras, decidimos que o mellor era festexar este Entroido construindo a nosa propia cidade. E vaia se o fixemos!



Tamén fomos seguindo os mandadiños do noso Meco, que tamén se relacionaron co mundo do arquitectura.

 

Ata que chegou o gran día no que inauguramos a nosa bonita cidade. Con sinais, edificios públicos, tendas, rañaceos, casiñas pequenas e ata maquinaria de obra! Todo un espectáculo!



Imaxinádevos o éxito, que ata gañamos o primeiro premio na categoría grupal do desfile de Entroido de Poio.


Porque cando as cousas se fan con cariño, sempre hai bos resultados :)
O vindeiro ano, máis e mellor! Bo Entroido!




martes, 3 de marzo de 2026

Nova proposta de Luno

 Maquetas das nosas construcións


Dando fin a todo o que investigamos na primeira avaliación sobre as diferentes construcións do mundo, chegou o momento de darlles vida e construir con diferentes materiais a nosas propias maquetas.

A verdade é que son unha chulada! Poderedes desfrutar delas na exposición que quedará na entrada do cole ata fin de curso.