jueves, 25 de noviembre de 2021

25 N

 

Hoxe celebramos no cole o Día contra a violencia de xénero. 

O ano pasado creamos unhas frases para a loita pola igualdade que quedaron moi chulas decorando as escaleiras do centro. Este ano quixemos facer unha representación das mesmas a través dun vídeo que quedou XENIAL! 👏

Aquí   👇    deixamos o enlace para que o poidades ver: 

https://youtu.be/MriOTib2_JA

O mellor do día foi, sen dúbida, a sesión de contacontos por Cris de Caldas para concienciar ao noso alumnado sobre a importancia da igualdade e o respecto polos demais. 




lunes, 15 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA



En novembro celebramos no cole, o Mes da Ciencia, e para elo, deixamos na entrada unha gran exposición de libros para que poidan investigar sobre animais e plantas, mergullarse no mundo da astronomía e do espacio, aprender a facer pequenos experimentos...  

O noso alumnado vaise convertir en expertos científicos e científicas!





miércoles, 3 de noviembre de 2021

CHEGOU O SAMAÍN!

O pasado venres celebramos o tan ansiado SAMAÍN!!



Disfrutamos dunha sesión terrorífica de conta contos na biblio, fixemos unha exposición de cabazas, decoramos o cole con distintos banderíns sobre esta festividade, ata volvemos participar no concurso de microrrelatos!

Vamos, que pásamolo de medoooooo!!!!

Sesión conta contos

Exposición cabazas 

Libros terroríficos

Bases concurso microrrelatos