miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Bo día, lectores!

Como todas e todos sabedes, mañán celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e o noso querido Luno tráenos dúas propostas para desfrutar cos libros sen saír da casa.

1. Fame de palabras

Os libros son alimento para a alma, e estes días, máis que nunca, temos fame de palabras que nos reconforten.

Por iso, compartimos esta actividade que a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia lanzou o pasado 2 de abril (Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil):

"Queremos que nos envíes unha palabra xunto a portada do libro ao que pertence"

Nós xa temos as nosas!


Esperamos con ilusión as vosas palabras!

2. Pílulas de lectura:

Os mestres e mestras do CEIP de Viñas quixemos achegarvos uns anaquiños das máis fermosas historias que coñecemos. Queredes escoitalas?


Se vos gustou algún dos fragmentos que acabades de escoitar, animádevos a ler a historia completa.

Recordade que dende a barra lateral do blogue, no apartado MOITO CONTO!, podedes acceder a un bo número de contos en formato dixital así como ao servicio gratuito de préstamo na web Galicia Le.

Fermosas e incribles historias están esperando por vós.

Moito ánimo e felices lecturas!📚

No hay comentarios:

Publicar un comentario