jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no Ceip de Viñas. 

Para homenaxear á artista, os alumnos e alumnas fixeron a lectura de diferentes poemas. Aquí deixámosvos un vídeo para que vexades cómo o celebramos!!




viernes, 17 de febrero de 2023

ENTROIDO


E chegou o Entroido!!! Os disfraces que escollemos este ano estiveron relacionados coa temática do Mar. Os alumnos e alumnas de Infantil disfrazáronse de nécoras, os de primeiro de estrelas de mar, os de segundo de peixes, os de terceiro e cuarto de de medusas, os de quinto e sexto de piratas e os mestres especialistas de mergulladores. 

Foi un día moi especial!! Fixemos un pasarrúas ata o adro de Poio; alí  os alumnos de 3º e 4º fixeron un rap relacionado co mar e para rematar bailamos todos xuntos a canción "Somos unha marea de xente". 

Pasámolo en grande!!