jueves, 28 de mayo de 2026

Talleres na biblio

PATIOS NA BIBLIO 

Unha das cousas máis importantes que podemos facer no cole é compartir coñecemento, por este motivo este curso puxemos en marcha unha iniciativa que naceu do propio alumnado: talleres durante os patios que imparten os propios alumnos e alumnas.

 

Unha bonita proposta na que uns aprendemos de outros.





 
















martes, 26 de mayo de 2026

Tarefiñas de arquitectura

 AS NOSAS OBRAS


Ao longo do curso estivemos facendo diferentes actividades relacionadas co mundo da construción.

Tivemos moitos libriños de consulta que nos axudaron ao longo do curso a inspirarnos, aprender e coller ideas.



 Aquí tedes unha mostra dalgunhas das actividades que fomos facendo ao longo do curso.







 


viernes, 22 de mayo de 2026

Día da familia e día contra a homofobia

  FESTIVIDADES MAIO


O 15 de maio foi o día das familias e o 17 o día contra a homofobia. Dende a biblio propoñemos  coma sempre unha escolma de libriños para traballar estas celebracións, incidindo no valor da diversidade. 






lunes, 18 de mayo de 2026

Letras galegas

📝 BEGOÑA CAAMAÑO  📻


Como cada 17 de maio, é momento de celebrar a nosa lingua. 

Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a Begoña Caamaño, unha muller que boa parte da súa vida traballou no mundo da radio. Para homenaxeala, consideramos que gravar un pequeno programa de radio sería unha boa idea.

Esperamos que vos guste!



martes, 5 de mayo de 2026

Festa dos Maios

🌺 OS MAIOS 🌺


Coa chegada da primavera, quixemos festexar a nosa tradicional festa dos Maios dun xeito diferente. Xa que estamos aprendendo tanto de construcións este ano, xa sabemos que en arquitectura o deseño e a decoración teñen unha gran importancia.
Por este motivo, decidimos que os Maios deste ano non serían figuras tradicionais, senón debuxos florais que nós mesmos deseñaríamos.

Adicamos unha xornada a buscar pola contorna elementos cos que elaborar os nosos deseños tipo mandala. 




E cando xa tíñamos todo preparado, puxémonos mans á obra e este é o resultado por curso!




lunes, 4 de mayo de 2026

Última tarefa do curso

🐌🐟 CONSTRUCIÓNS ANIMAIS 🐝🐛


Tíñamos gardada unha última sorpresa dende a biblio. Seguindo co mundo das construcións, qué mellor que pechar o curso aprendendo algo máis sobre as construcións do mundo animal!

 

Así que o noso Luno non tardou moito en enviarnos información para ir descubrindo nas titorías datos súperinteresantes das vivendas no reino animal.

 


 Con toda esta información, pouco a pouco fomos armando estas fermosas propostas. Atentos e atentas ao resultado!

A primeira delas foi o noso abelleiro de contos, que xa decora a entrada da biblio. Cada un de nós elixiu o seu conto favorito para que formase parte desta colmea colectiva que servirá tamén como recomendación lectora dos uns aos outros.


 E por último, os máis atrevidos animáronse a elaborar un hotel de insectos para o noso hortiño escolar e atraer deste xeito a insectos beneficiosos para a polinización das nosas plantas. Tras un proceso de investigación, recollida de elementos e montaxe, aquí tedes o primeiro!