lunes, 28 de septiembre de 2020

DIA DA CONCIENCIA AMBIENTAL


O pasado 27 de setembro celebrouse o día da Conciencia Ambiental. Os nosos nenos e nenas recibiron un agasallo moi moi especial: uns libriños sobre o Medio Ambiente. Así, poden seguir aprendendo sobre este tema que tanto lles gusta. 




lunes, 14 de septiembre de 2020

ATA QUE POIDAMOS ABRAZARNOS!

Xa estamos de volta! 

Non vos podedes imaxinar canto botaba de menos escoitar as vosas voces e ver os vosos sorrisos pola biblioteca.

Empezamos outra vez, con novas normas pero con máis ganas que nunca. Estou desexando ver como contades as vosas historias favoritas e como disfrutades dos libros que gardo nas estanterías da biblioteca. 

Como sabedes agora temos manter a distancia entre nos e xa non podemos abrazarnos como o facíamos antes! Por iso, para comezar este novo curso quero compartir con vos un fermoso conto chamado "Hasta que podamos abrazarnos" escrito por Eoin McLaughlin e ilustrado por Polly Dunbar. 

Estou seguro que vos vai gustar moito!!


 



Luno Luneiro😃😃