lunes, 14 de septiembre de 2020

ATA QUE POIDAMOS ABRAZARNOS!

Xa estamos de volta! 

Non vos podedes imaxinar canto botaba de menos escoitar as vosas voces e ver os vosos sorrisos pola biblioteca.

Empezamos outra vez, con novas normas pero con máis ganas que nunca. Estou desexando ver como contades as vosas historias favoritas e como disfrutades dos libros que gardo nas estanterías da biblioteca. 

Como sabedes agora temos manter a distancia entre nos e xa non podemos abrazarnos como o facíamos antes! Por iso, para comezar este novo curso quero compartir con vos un fermoso conto chamado "Hasta que podamos abrazarnos" escrito por Eoin McLaughlin e ilustrado por Polly Dunbar. 

Estou seguro que vos vai gustar moito!!


 



Luno Luneiro😃😃

No hay comentarios:

Publicar un comentario