viernes, 23 de octubre de 2020

SAMAÍN

En poucos días, celebraremos unha das festividades que máis nos gustan no noso cole "Samaín". Estamos desexando volver a escoitar contos, lendas e historias terroríficas. Dende a nosa biblioteca, propuxémos algúns  dos libros que máis nos gustan. 




Ademais este ano, volvemos a ter o noso "Concurso de microrelatos de terror"

Queres participar? Pois non perdas o tempo e comeza a pensar unha pequena historia que nos aterrorice a todos e a todas! Estamos esperando os vosos relatos!! 

Bótalle un ollo a convocatoria: 


A que estás agardando? Colle o lápis e comeza a escribir!




jueves, 22 de octubre de 2020

DIA DAS ESCRITORAS

O pasado 19 de Outubro, celebrouse o Día das escritoras. Un ano máis, dende a nosa biblioteca propuxemos unha serie de libros de algunhas das escritoras galegas que máis nos gustan. 

Esta vez, quixémos coñecelas un pouco máis  e tivemos que investigar algúns datos sobre as súas vidas. 







domingo, 11 de octubre de 2020

ADEUS MAFALDA!

Como sabedes, o pasado 30 de setembro recibimos a triste noticia de que o creador de Mafalda, Quino, se despedía de nos para sempre e que xa non teríamos máis novas historias dunha das nosas personaxes favoritas. Por iso quixémos homexanear a este historietista arxentino que tanto nos fixo rir e enviarlles aos nosos nenos e nenas un reto con preguntas sobre Mafalda.