miércoles, 15 de abril de 2020

DENDE A MIÑA FIESTRA

Ola amiguiñ@s!

O noso querido Luno, achéganos unha proposta moi interesante para xogar dende a casa.

Tomade nota!

Turismo Rías Baixas e Seo/Birdlife anímannos a desfrutar da natureza sen saír da casa.

Abride a fiestra, afinade o oído e observade a gran variedade de aves que, coa chegada da primavera, habitan a nosa contorna estes días.

E para que sexa máis doado identificalas, podedes botar man da seguinte lámina:
Imaxe: Turismo Rías Baixas
Anotade as vosas observacións nunha libreta ou animádevos a debuxar algunha delas.

Se queredes máis información ao respecto, premede na seguinte ligazón: Aves desde casa

A voar, amiguiñ@s! 🐦🐦🐦

No hay comentarios:

Publicar un comentario