🏡🏢CONSTRUIMOS UNHA CIDADE 🚧🚦
Estábamos ansiosos porque chegara esta data... Argallamos unha boa!
Xa que estamos feitos uns especialistas no mundo das obras, decidimos que o mellor era festexar este Entroido construindo a nosa propia cidade. E vaia se o fixemos!
Tamén fomos seguindo os mandadiños do noso Meco, que tamén se relacionaron co mundo do arquitectura.
Ata que chegou o gran día no que inauguramos a nosa bonita cidade. Con sinais, edificios públicos, tendas, rañaceos, casiñas pequenas e ata maquinaria de obra! Todo un espectáculo!
Imaxinádevos o éxito, que ata gañamos o primeiro premio na categoría grupal do desfile de Entroido de Poio.
O vindeiro ano, máis e mellor! Bo Entroido!

.jpeg)



.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario