viernes, 21 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro e, dende a nosa biblio quixémos facerlle unha homenaxe, por iso deixamos un par de libros cheos das súas verbas e de moita poesía. 




Ademais, tivemos unha sopresa en todas as aulas, Luno deixounos unha carta e un poema de Rosalía moi coñecido por todos"ADIÓS RÍO, ADIÓS FONTES".


























jueves, 20 de febrero de 2020

AS FAMILIAS CONTAN

Este xoves 20 comezamos coas nosas sesións de "As familias Contan"
Tivemos dúas invitadas de luxo que viñeron a contarlles contos aos nosos nenos e nenas. Disfrutamos moito con elas e, dende aquí, queremos darlles as gracias por compartir o seu tempo con nos e por anímarse a vir leer a nosa biblioteca!

Moitas grazas!




miércoles, 19 de febrero de 2020

XOVES... DE LOITO!

A última indicación para esta semana é a seguinte:


"Catro enterros hai en Poio,
que anuncian o fin do Entroido
Galo Bruxo en Samieira,
en San Xoán o Fodorico,
Mexilón en Combarro
o Berberecho en Lourido
o xoves de loito viremos
todos xuntos choraremos."




martes, 18 de febrero de 2020

MÉRCORES... DE CHOQUEIROS!

Para este mércores xa temos nova indicación para o noso Entroido:

"Deixa a vergoña na casa
viste con roupa vella, 
con carouta e anteface
que ninguén te recoñeza!

Para o mércores dezanove
presta moita atención
terás que vir de choqueiro
como manda a tradición." 









lunes, 17 de febrero de 2020

O MARTES... CON MANDIL

Seguimos co Entroido e xa temos nova indicación: 

"Xa andan os  resposteiros
quentando as súas tixolas.
Por vez primeira este ano
temos festa da filloa!

Non esquezas este martes
traer un mandil á escola"






viernes, 14 de febrero de 2020

COMEZAMOS O ENTROIDO

Xa temos listo todo para empezar o Entroido no noso cole. Prestade moita atención as instruccións que se irán dando para cada día. 
De momento, xa temos a primeira para o luns:


"A festa do Entroido en Poio, 
a máis longa da provincia, 
éche ben coñecida. 

Como o galo Fodorico,
non esquezas este luns
vir coa cabeza lucida


COÑECENDO POIO

Este curso dende a biblioteca propuxémoslles aos nosos nenos e nenas investigar o noso concello, Poio.



O ano pasado, coñecimos un montón de países, aprendimos sobre a súa forma de vida, cultura, gastronomía e moitas cousas máis. Asique, este ano, decidimos indagar sobre o lugar onde vivimos.

Aos nenos e nenas de sexto tocoulles investigar sobre as fermosas praias que temos preto de nos. Como son moi bos actores e actrices decidiron realizar unha pequena actuación para explicarnos como son e onde están situadas. Fixérono moi moi ben e aprendimos un montón!



martes, 11 de febrero de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da nena e a muller na ciencia, dende a biblio propoñémosvos varios libros relacionados con este tema. Animamosvos a boterlles un ollo! Son todos moi moi interesantes!