viernes, 26 de marzo de 2021

AXENDA 2030

Como sabedes a asamblea xeral das Nacións Unidas adoptou en setembro de 2015 a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, un plan de acción a favor das persoas, do planeta e da prosperidade, que tamén ten a intención de fortalecer a paz universal e o acceso a xustiza. Está axenda propónse 17 obxecitivos e nos queremos traballar cada un destes. Por iso durante este segundo trimestre, os nosos nenos e nenas do noso cole estiveron indagando estes obxectivos e, aínda que queda moito por traballar, xa saben un pouquiño de esta fermosa iniciativa.




EDUCACIÓN DE CALIDADE

Un dos obxectivos que traballamos na axenda 2030 é a educación de calidade, por iso e para conmemorar o día mundial da eliminación da discriminación racial celebrado o pasado 21 de marzo, fixemos este enorme mural cun anaquiño de cada un de nos. Cada peza foi pintada por un dos nosos alumnos/as e todas elas representan o gran equipo que formamos na nosa escola.



lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

Bos días a todos e a todas, como sabedes o 21 de marzo é o día internacional da poesía. Dende a biblioteca quixémos darlles aos nosos nenos de 5º e 6º unha sorpresa moi, moi especial: un taller de poesía dirixido pola antiga mestra de AL que tanto lles ensinou ao longo destes anos. Foi un día moi moi especial e sairón poemas moi fermosos! Dende aquí queremos darlle as grazas a Sonia por vir compartir un anaco do seu tempo connosco e por seguir ensinándonos como xogar coas palabras!  Moitas Gracias!!






martes, 9 de marzo de 2021

A MULER MÁIS IMPORTANTE DA MIÑA VIDA!

 Que mellor que falar das mulleres máis importantes das nosas vidas para conmemorar o 8M? Eso foi o que fixemos hoxe, falar de avoas, nais, irmáns ou tías que nos fan a vida máis feliz! Cada neno e nena escribiu cal é a muller máis importante da súa vida e compartiuno con todos os compañeiros e profes! 

Foi un momento moi especial que todos e todas disfrutamos! 








CHANZOS POLA IGUALDADE

Como xa sabedes, para o 25 de Novembembro pensamos frases fermosas que decorasen os chanzos das escaleiras do noso cole. Este foi o resultado, unhas escaleiras coloridas que contan moito e coas que podemos imaxinar e recordar moitas historias que coñecemos. Que vos parece o resultado?




miércoles, 3 de marzo de 2021

8M

Como xa sabedes, dentro dunhas semanas é o 8M e, dende a biblioteca queremos que volvades a leer algúns destes libros que tanto nos gustan e tamén algún dos novos libros que chegaron fai unhas semanas.

Disfrutade da lectura!!




lunes, 1 de marzo de 2021

NOVIDADES MARZO

Boas tardes a todos e a todas! 

Chegaron novos exemplares ao cole! Temos un pouquiño de todo asique achégate a descubrir novas historias!





FRIDA KHALO

Continuamos co noso proxecto de biblioteca! Para este mes tócanos traballar nada máis e nada menos que sobre FRIDA KHALO. Xa a coñecemos un pouquiño porque no Entroido falaronnos dela, sabemos que é pintora e que naceu en México, pero este mes de marzo, queremos seguir coñecendoa e tamén descubrir algún dos seus cadros. 

Estades preparados? Prestade moita atención ao vídeo que vos deixamos: