lunes, 26 de abril de 2021

AUTORES POLO MUNDO II

 Xa temos o noso mural repleto de autores dos libros que máis nos gustan. Cada clase colocou o libro que lle tocou preto do país no que naceu o autor ou autora. Está claro que podemos viaxar mediante os libros! A donde nos levarán a próxima vez?







viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Hoxe traémosvos un agasallo a todos os nenos e nenas da escola! Dende fai unhas semanas os mestres e mestras da escola estivemos argallando unha sorpresa para vos para o Día do libro! 

Prestade moita atención ao seguinte vídeo! 



viernes, 16 de abril de 2021

AUTORES POLO MUNDO

Por fin os nenos e nenas xa poideron abrir o agasallo que lles deixei a cada aula. Queredes saber que era? Enviei a cada aula un libro para que investiguen o lugar de nacemento do autor e así, crear entre todos nos un mapamundi de autores do mundo. Todos son libros moi coñecidos por nos e algúns son os nosos favoritos! De que país virán as historias que tanto nos gustan?



martes, 13 de abril de 2021

CONCURSO DE RELATOS

Este ano para o día do libro, traemosvos un Concurso de relatos! Asique ide preparando o papel e o lápis e sobre todo deixade voar a vosa imaxinación para escribir as historias máis increibles que se vos ocorran! Aquí vai máis información!



lunes, 12 de abril de 2021

QUE SERÁ?

Bos días a todos e a todas! 

Na entrada do cole deixei uns agasallos para cada aula... Que serán?

Agardo que vos gusten


 Luno



miércoles, 7 de abril de 2021

VERÓNICA BOQUETE

Hoxe tivemos a sorte de ter a visita dos nosos amigos de "Polo correo do vento". Desta vez viñeron a falarnos, cantarnos e debuxarnos a Verónica Boquete. Aprendimos un pouco máis sobre igualdade e sobre o importante que é poder elixir a profesión que máis nos guste, pois como ben sabemos, nas profesións ao igual que pasa coas cores ou os xoguetes, non hai xénero. 

Este foi o resultado:





martes, 6 de abril de 2021

O GUERNICA E VAN GOGH

Para comezar este último trimestre de curso, dende a biblioteca queremos traervos aos pintores cos que traballaremos este mes: Picasso e Van Gogh. Sobre Picasso interesanos moito ese famoso cadro do que escoitamos falar unha morea de veces "O Guernica" e sobre Vna Gogh, aínda que xa o coñecimos no Entroido, estamos ansiosos por ver algunha das súas obras e saber todo o que lle aconteceu. 
 
Queredes coñecelos un pouquiño máis? Prestade moita atención aos seguintes vídeos!!
 
VAN GOGH
 



PABLO PICASSO