jueves, 13 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS

Como sabedes o 17 de maio celebramos o día das letras galegas. Este ano está dedicado a escritora Xela Arias. Queredes coñecela un poquiño máis? Deixamosvos este vídeo elaborado no CEIP San Pío X de Ourense para que a coñezades mellor. 

 

Ademais, para seguir mantendo viva a nosa lingua, esta semana falaremos todos e todas galego! Seguro que vamos a aprender unha morea de palabras novas! 





martes, 4 de mayo de 2021

MAIOS

Esta semana celebramos os Maios na nosa escola. Pasámolo en grande cantando e tocando as letras que os nenos e nenas da escola compuxeron xunto co profe de música!





lunes, 3 de mayo de 2021

NOVIDADES MAIO

Para este terceiro trimestre traemosvos novos libros e xogos! Queremos seguir coñecendo novos personaxes e viaxar con eles por mundos descoñecidos para nos! Están agardando por vos!!



JORGE PETEIRO

Para rematar o noso proxecto, este mes de maio vamos coñecer a un pintor galego: Jorge Peteiro. Estamos seguros de que vos van encantar os seus cadros! Queredes coñecelo un pouquiño máis?