lunes, 22 de mayo de 2023

DÍA CONTRA A HOMOFOBIA


O 17 de Maio foi o día da loita contra a homofobiaincluímos no noso traballo un contido tan importante e integrador como o que relata a bonita historia de Tango. Esperamos que disfrutedes este stopmotion tanto coma nós!!




No recuncho da biblio, tamén fixemos unha pequena exposición de libros e contos relacionados coa temática. Mirade que bonitiño quedou 😍🌈


martes, 16 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 23

O 17 de Maio, celebramos o día da nosa lingua, o día das LETRAS GALEGAS!!

Para conmemorar este día tan especial, fixemos unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego e tivemos no cole a semana la lingua galega.

Ademais rematamos a semana coa visita de Baobab teatro que nos presentou o espectáculo "Palabras" con Davide González e Andrea Bayer. Desfrutamos moitísimo cos seus contos e cancións. Pasámolo en grande!!




lunes, 15 de mayo de 2023

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SÍNDROME DE DOWN

Hoxe recibimos a visita de Xuntos, Asociación de Síndrome de Down de Pontevedra. Dende os pequechos ata os maiores participaron en dinámicas coa fin de sensibilizarnos coa discapacidade e a  necesidade de inclusión. Encantounos a súa visita, graciñas Xuntos por vir o colexio de Viñas!!!