domingo, 22 de diciembre de 2019

QUE LEMOS NO NADAL?

Bos días a todas e a todas!

Xa que no Nadal teremos  máis tempo libre será un bo momento para volver leer os nosos libros favoritos e tamén para descubrir novos contos. Por iso, hoxe queremos traervos as nosas recomendacións de lectura para estes días que tanto nos gustan!
Como sabedes, tedes na biblio todos estes libros, asique non dubidedes en collelos de préstamo para estas datas!

Pincha na imaxe para poder ver as nosas recomendacións. 

viernes, 20 de diciembre de 2019

POR UN 2020 CHEO DE HISTORIAS

Para comezar este novo ano queremos compartir con vós algunhas das actividades que fixemos dende a biblioteca durante os últimos meses do 2019. Recomendámosvos que o vexades con tranquilidade. Vaivos gustar moito!



Neste 2020 queremos seguir compartindo historias con vós e argallando actividades nas que os nosos nenos e nenas o pasen en grande. 




Ademáis, gustaríanos agradecer unha vez máis o traballo realizado polos nosos axudantes de biblioteca, sempre cun sorriso, dispostos a botar unha man. Sen a vosa axuda esto non sería posible!


 Felices festas!

OBRADOIROS DE NADAL

Un dos própositos para o novo ano 2020 é coidar o noso planeta para que poida vivir moitos anos. Por iso, decidimos rematar este 2019 cuns obradoiros que nos axuden a cumprilo. 

En primeiro lugar tivemos un Obradoiro de Agasallos, no que todos e todas aprendimos a envolver os nosos agasallos con material de refugallo. Agora que xa sabemos como facelo, este Nadal poderemos utilizar xornais vellos e outros materiais, reducindo así o uso de papel de regalo. 

En segundo lugar, fixemos un Obradoiro de Camisetas. Decoramolas con mensaxes que axuden a concenciarnos sobre o medio ambiente. Quedaronnos moi moi estilosas! 

En terceiro lugar, fixemos un Obradoiro de Pancartas. En pequenos grupos fixemos pancartas para manisfestarnos no novo ano 2020 e mostrar o moito que nos importa o noso planeta! 

Pasamolo en grande todos xuntos! Queredes ver o resultado do noso traballo? Prestade moita atención ao seguinte vídeo! 



jueves, 19 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Bo día, amiguiñ@s!

Deixamos por aquí as recomendacións de lectura que enviamos a casa para que neste Nadal non falten os libros.



Premede na imaxe para ampliala







miércoles, 18 de diciembre de 2019

MOITA POESÍA!

Novo programa de Radio Viñas!

Os nenos e nenas de 2º de Primaria pasaron pola radio do cole para compartir con todos vós os seus poemas favoritos.


Escoitade o programa porque paga a pena. Que ben o fixeron!

martes, 17 de diciembre de 2019

NOVIDADES DECEMBRO

Para rematar este primeiro trimestre, deixámosvos as nosas novidades!
Como xa sabedes, podedes botarlles un ollo, levalos para a casa e disfrutar do nadal lendo os nosos novos contos!




domingo, 15 de diciembre de 2019

UNHA DE CHISTES

O alumnado de 4º curso estivo en Radio Viñas grabando un programa con moito humor.

Preparados para botar unhas boas risas?

sábado, 14 de diciembre de 2019

LAND ART


No mes de novembro dende a biblio propuxémoslles aos nosos nenos e nenas crear un Land Art.

Pero... Como podíamos facelo? 

Tan só foi preciso elementos da natureza, unha mesa de luz e moita, moita imaxinación e creatividade.

Con estes ingredientes, cada curso creou a súa propia obra de arte empregando materiais e recursos que temos ao noso arredor como follas, castañas, noces ou landras.

Os nenos e nenos da escola acudiron a biblioteca e fixeron un traballo extraordinario.





Ademais disto, tamén coñecimos a historia de Margarita Salas. Unha importante científica asturiana que foi a primeira muller en recibir a Medalla Echegaray que concede a Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. 

http://www.nomecuentescuentos.com/margarita-salas-la-cientifica-tenaz-que-sigue-rompiendo-barreras/








martes, 3 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

No 1992, as Nacións Unidas proclamaron o día 3 de decembro Día Internacional das persoas con discapacidade

Dende a biblio eliximos varios libros para conmemorar este día, pero tamén para promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. 




Ademais, animámosvos a ver este emotivo corto de Pedro Solís García chamado "Cuerdas". 






jueves, 28 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA

En novembro celebramos na nosa escola o mes da ciencia e, para que os nosos alumnos e alumnas sexan expertos científicos propuxémoslles dende a biblio unha serie de libros para que poidan investigar, facer experimentos e aprender moito, moito sobre astronomía.  





Ademáis, tivemos a sorte de que nos visitara Íñigo de la Quadra (fillo do coñecido explorador Miguel de la Quadra Salcedo), quen  no seu planetario móbil convidounos a descubrir os misterios do universo, nunha viaxe que nunca esqueceremos.

 
Ao rematar o obradoiro, o alumnado de 6º curso fíxolle unha estrevista en Radio Viñas, na que Íñigo relatou as súas experiencias nas numerosas viaxes arredor do mundo, deixándonos unha morea de aprendizaxes.



Escoitade a entrevista porque paga a pena! Que gran traballo fixeron estes mestres das ondas!

lunes, 25 de noviembre de 2019

25 NOVEMBRO

Como todos sabemos o 25 de Novembro é o día internacional da eliminación da violencia de xénero. Nos levamos varias semanas preparando unha fermosa canción chamada "Depende de los dos" e hoxe xuntámonos todos para cantala! 

Esta canción pertence a un proxecto educativo levado a cabo por dúas escolas: o CRA Alto Gállego e o CEIP Puente Sardas que xurdiu co obxectivo de traballar o feminismo e a coeducación nas aulas. 
Queredes escoitar como soa? Pois poñédevos en pé e dádalle a play! 




Ademais, hoxe tamén quixemos escoitar un conto relacionado con este día para reflexionar e concenciarnos sobre a violencia de xénero. O libro que eliximos titúlase Arturo e Clementina e é da autora Adela Turín. 

Prestase moita atención! 






sábado, 9 de noviembre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana puxemos en marcha as nosas Mochilas Viaxeiras! 
Hai unha para cada curso e están cheas de aventuras e historias.

As nosas mochilas comezarán unha andaina que as levarán polos fogares dos nosos nenos e nenas para que compartan coas súas familias algúns dos libros que gardamos na nosa biblioteca.

domingo, 3 de noviembre de 2019

SAMAÍN


Como cada curso, no mes de outubro celebramos o Samaín. Este ano cunha novidade: o concurso de microrelatos de terror. Os nenos e nenas poideron participar de forma grupal ou individual. Na categoría grupal os gañadores foron: 5º de Primaria e Infantil B. Na categoría individual o gañador foi Samuel (4º de Primaria) e a finalista foi Alice (5º de Primaria). 



Dende a biblioteca queremos darlle as grazas a todos os alumnos e alumnas pola súa participación, o seu esforzo e o seu traballo. 

Con motivo da celebración do Samaín, dende o noso pequeno recuncho do cole, recomendámoslles a todos lecturas moi, moi terroríficas para estes días. 




Ademais, o día 30 vimos o conto de Carabuñas elaborado polos nenos e nenas do CEIP Coirón en Dena. Fixeron unha versión moi orixinal e a nos encantóunos. Aquí vos deixamos o enlace por se queredes velo!







lunes, 28 de octubre de 2019

DÍA DAS ESCRITORAS

O pasado 15 de outubro celebrouse o dia das escritoras.

Dende a nosa biblio puxemos á disposición do alumnado varios libros dalgunhas das escritoras máis importantes de Galicia.


Este foi o resultado:




viernes, 18 de octubre de 2019

FORMACIÓN AXUDANTES

Bo día!

Comezamos coas xornadas de formación para os e as axudantes da biblioteca.

Sentímonos afortunadas pola numerosa asistencia e ganas de axudar que amosan ter estes rapaces e rapazas.

GRAZAS!

 

lunes, 7 de octubre de 2019

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

Bos días a todos e a todas!!

Hoxe traemosvos unha sorpresa que vos vai encantar: I Concurso de Microrrelatos de Terror!!
O  31 de outubro celébrase o Samaín e este ano queremos escoitar as vosas propias historias de medo! Sabemos que sodes grandes escritores e escritoras pero nesta ocasión, os vosos relatos poderán ter como máximo 30 palabras!! Si, si, teredes que contarnos unha pequena historia con tan só esas palabras.

Animádesvos a participar? Queredes saber máis deste novo concurso?

Tan só tedes que pinchar na seguinte imaxe e poderedes leer toda a información!!

GUÍA DE USUARIOS

Bos días a todos e a todas!!

Esta semana abriremos as portas da nosa biblioteca para todos os que queirades vir! Xa sabedes que nela podedes atopar os vosos libros e xogos favoritos e que están agardando por vos dende fai uns meses!
Como xa sabedes, a biblioteca é un lugar moi especial para nos e debemos coidalo e  cumprir unha serie de normas para que todos e todas poidamos disfutar del.

Hoxe, traemosvos unha pequena guía para recordar cousas moi importantes como as normas da nosa biblio, como se organiza, que podemos facer nela e moitas cousas máis.

Prestade moita atención!!

Estamos desexando vervos de novo pola biblio!

sábado, 5 de octubre de 2019

COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

O 27 de setembro celebramos o día da conciencia ambiental.





Dende a nosa escola, quixemos reflexionar sobre este tema. Para iso, puxen a disposición de todos os nenos/as e dos mestres/as varios libros da nosa biblioteca.





Ademais, investigamos canto tempo tardan en desaparecer diferentes materiais e obxectos do medio ambiente. Este foi o resultado...



martes, 1 de octubre de 2019

BÚSCANSE AXUDANTES!

Bo día, rapaces e rapazas!

Luno está a buscar axudantes para a biblioteca.

Bulide a apuntarvos!


Estamos desexando comezar!

jueves, 12 de septiembre de 2019

BENVIDOS A NOSA BIBLIOTECA!




O meu nome é Luno Luneiro.



Neste novo curso quero dar un paso máis dende a nosa biblioteca. Para iso, abro esta xanela na cal vos iremos amosando todo o que vaia sucedendo no noso cole.

Quero compartir con todos e todas as diferentes actividades que vaiamos argallando e así, facervos parte delas.

Espero con ilusión as vosas visitas ao meu pequeno mundo, á biblioteca.


...Arrancamos!