Bos días a todos e a todas!!
Hoxe traemosvos unha sorpresa que vos vai encantar: I Concurso de Microrrelatos de Terror!!
O 31 de outubro celébrase o Samaín e este ano queremos escoitar as vosas propias historias de medo! Sabemos que sodes grandes escritores e escritoras pero nesta ocasión, os vosos relatos poderán ter como máximo 30 palabras!! Si, si, teredes que contarnos unha pequena historia con tan só esas palabras.
Animádesvos a participar? Queredes saber máis deste novo concurso?
Tan só tedes que pinchar na seguinte imaxe e poderedes leer toda a información!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario