jueves, 30 de abril de 2020

PANDEMIA DE CONTOS

Bo día, lector@s!

Convidámosvos a seguir inventado historias, desta vez cun xogo que todos e todas coñecedes e que tanto éxito ten nas nosas aulas: Story Cubes!

Premede nos dados e deixade voar a vosa imaxinación!


E se queredes pasar un bo rato, escoitade esta divertida historia: Raposa lista, da gran Raquel Queizás.


Podedes seguir desfrutando destas e doutras historias na canle de YouTube do Colectivo NOGA #narraciónoralgalega

Que teñades un bo día!📚

martes, 28 de abril de 2020

TÍTULOS QUE CONTAN

Bos días!

Hoxe traemosvos unha actividade diferente. Queremos que contedes apartir dos títulos dos libros que tedes na casa. Pero....

Como podemos facer isto?

Prestade moita atención ao seguinte vídeo onte se mostran varios exemplosde como facelo.




Agora que xa sabedes como crear historias cos títulos dos vosos libros preferidos, animádevos e enviádenos ao mail da biblioteca (biblio.luno@gmail.com) os vosos pequenos relatos para poder compartilos con todos e todas.

Ademais deixamosvos dúas propostas: por un lado, o conto "Frederick" de Leo Lionni e, para que bailedes e cantedes un anaquiño deixámosvos a canción "Esto bailase así" de Uxía Lambona e a banda Molona.

Feliz martes e moito ánimo!



Frederick






Esto bailase así


miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Bo día, lectores!

Como todas e todos sabedes, mañán celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e o noso querido Luno tráenos dúas propostas para desfrutar cos libros sen saír da casa.

1. Fame de palabras

Os libros son alimento para a alma, e estes días, máis que nunca, temos fame de palabras que nos reconforten.

Por iso, compartimos esta actividade que a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia lanzou o pasado 2 de abril (Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil):

"Queremos que nos envíes unha palabra xunto a portada do libro ao que pertence"

Nós xa temos as nosas!


Esperamos con ilusión as vosas palabras!

2. Pílulas de lectura:

Os mestres e mestras do CEIP de Viñas quixemos achegarvos uns anaquiños das máis fermosas historias que coñecemos. Queredes escoitalas?


Se vos gustou algún dos fragmentos que acabades de escoitar, animádevos a ler a historia completa.

Recordade que dende a barra lateral do blogue, no apartado MOITO CONTO!, podedes acceder a un bo número de contos en formato dixital así como ao servicio gratuito de préstamo na web Galicia Le.

Fermosas e incribles historias están esperando por vós.

Moito ánimo e felices lecturas!📚

lunes, 20 de abril de 2020

RETO

Bo día!

Quentamos motores para o vindeiro 23 de abril, Día do Libro.

Seredes quen de adiviñar o título destes libros?


Esperamos as vosas respostas!

Ademáis, animámosvos a entrar no blogue "Soñando Cuentos", onde podedes desfrutar dun bo número de fermosas historias en formato audio.

Premede na seguinte ligazón e elexide o conto que vos apeteza escoitar.


Unha vez que escoitedes o conto, podedes comentalo entre vós ou facer un debuxo dos personaxes ou dalgunha parte da historia.

Moito ánimo e felices lecturas! 🕮

jueves, 16 de abril de 2020

ENTRE SOMBRAS

Bos días!! Como estades?

Hoxe queremos compartir con vos contos con forma de sombras.
E estaredesvos a preguntar: Como pode ser iso? Pois gracias aos teatros de sombras. 

Traemosvos dous dos nosos contos favoritos: Cinco de Antonio Rubio e Óscar Villán da editorial Kalandraka e "A pequena eiruga larpeira" de Eric Carle da editorial Kókinos.

Ademais tamén vos animamos a que fagades os vosos propios teatros de sombras nos que poder contar!

Cinco




A pequena Eiruga Larpeira





Agora é a vosa quenda, queremos escoitar de novo como as vosas voces nos contan fermosas historias. Atrevedesvos? Esperamos os vosos teatros de sombras que podedes enviar ao correo da nosa biblioteca: biblio.luno@gmail.com e así compartiremolos con todos.
Deixamosvos o seguinte vídeo para poder crear os vosos teatros.


Feliz Xoves e moito ánimo!!



miércoles, 15 de abril de 2020

DENDE A MIÑA FIESTRA

Ola amiguiñ@s!

O noso querido Luno, achéganos unha proposta moi interesante para xogar dende a casa.

Tomade nota!

Turismo Rías Baixas e Seo/Birdlife anímannos a desfrutar da natureza sen saír da casa.

Abride a fiestra, afinade o oído e observade a gran variedade de aves que, coa chegada da primavera, habitan a nosa contorna estes días.

E para que sexa máis doado identificalas, podedes botar man da seguinte lámina:
Imaxe: Turismo Rías Baixas
Anotade as vosas observacións nunha libreta ou animádevos a debuxar algunha delas.

Se queredes máis información ao respecto, premede na seguinte ligazón: Aves desde casa

A voar, amiguiñ@s! 🐦🐦🐦

viernes, 3 de abril de 2020

AMAR

Ola amiguiñ@s!

A editorial Palabras Aladas pon a vosa disposición o libro AMAR, de Cristina Núñez Pereira e Rafael R. Varcárcel.

Podedes descargar o libro en formato PDF así como unha morea de fichas para facer na casa.
Imaxe: Palabras aladas.com
Para conseguilo, só tendes que pinchar na seguinte ligazón: Amar en cuarentena por el coronavirus. Todo o material é gratuito.

Así que, non deixedes pasar esta oportunidade para falar cos máis pequenos da casa de todas as emocións que están a aflorar estes complicados días.

Porque "nestas cincunstancias, máis que nunca, amar é a mellor maneira de convivir".

Moito ánimo, familias! 🌈

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Bos días a todos e a todas!

Hoxe é o Día Mundial do Autismo, por iso queremos compartir con vós o documental titulado "El viaje de María", realizado polo debuxante Miguel Gallardo. O filme é unha pequena incursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo. Unha viaxe chea de cor, amor e creatividade.


 


O documental completo podedes velo premendo na seguinte ligazón de RTVE: María y yo
 
Ou ben podedes desfrutar da curtametraxe da Fundación Orange "Academia de especialistas", na que desta vez, Miguel Gallardo, dá a coñecer as habilidades especiais que teñen moitos nenos e nenas con autismo.
Esperamos que vos guste. 


Se queredes indagar un pouco máis ou ver outras curtametraxes, podedes pinchar na seguinte ligazón: Fundación Orange

Ademais, traémosvos unha proposta de lectura para cada día deste mes de abril. Só tendes que pinchar o título do conto e xa vos dirixe á páxina onde poderedes disfrutar dunha destas fermosas historias.

Agardamos que disfrutedes con todas elas. 

Moito ánimo!


Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres


1




2
Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa
3
Héctor, el hombre estraordinariamente fuerte
6
Super Pepo ¿Qué quieres ser de mayor?
7

Frederick




8
Marie Curie, la primera persona en ganar dos premios novel
9
El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa
10
 O cascabel da gata
13
Elmer
14
El monstruo rosa



15
Lunnis de Leyenda
16
Arturo y Clementina
17
Lalo, el príncipe rosa
20

Mago Rosa
21
Concepción Arenal. Los Lunnis



22
Las increíbles aventuras de Ida Pfeiffer y Viaja
23
Orellas de Bolboreta
24
A Bruxa Regañadentes
27
El monstruo de los colores
28
Mundo de cores




29
Rosa Caramelo
30
El pez arcoiris