Xa estamos de volta!
Non vos podedes imaxinar canto botaba de menos escoitar as
vosas voces e ver os vosos sorrisos pola biblioteca.
Empezamos outra vez, con novas normas pero con máis ganas que nunca.
Estou desexando ver como contades as vosas historias favoritas e como
disfrutades dos libros que gardo nas estanterías da biblioteca.
Como sabedes
agora temos manter a distancia entre nos e xa non podemos abrazarnos como o
facíamos antes! Por iso, para comezar este novo curso quero compartir con vos un
fermoso conto chamado "Hasta que podamos abrazarnos" escrito por Eoin McLaughlin
e ilustrado por Polly Dunbar.
Estou seguro que vos vai gustar moito!!
Luno Luneiro😃😃