miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N

Como xa sabedes todos e todas o 25 de novembro é o Día Internacional contra a violencia de xénero

Este ano queremos deixar pegada no noso cole pero... como vamos a facelo? 

Pois creando entre todos e todas frases pola igualdade. Frases para lograr unha sociedade mellor na que todos teñamos os meus dereitos e liberdades e na que non existan as diferenzas. 

As que máis nos gusten, ficara nos chanzos das escaleiras do noso cole. Estamos desexando ver o resultado das fermosas ideas dos nosos nenos e nenas! 





martes, 10 de noviembre de 2020

MATISSE

Como xa sabedes, ao longo deste curso coñeceremos moitos pintores e pintoras e vamos enterarnos de cales foron as súas obras máis importantes. Este mes, tocounos investigar a HENRI MATISSE, un pintor francés que ten obras moi coloridas! 



Queredes saber máis sobre el? Pois prestade moita atención a este vídeo:




lunes, 9 de noviembre de 2020

OS PINCEIS DE VIÑAS

Bos días a todos e a todas!

Xa sabemos cal é o proxecto deste ano: 

OS PINCEIS DE VIÑAS 👀

Pois si, este ano vamos a converternos en pequenos pintores e pintoras. Para iso vamos a coñecer a algúns dos artistas máis importantes e as súas obras máis destacadas. Na biblioteca haberá un pequeno recanto no que poderedes atopar información sobre todos eles e onde poder crear as vosas propias obras de arte. 

Estamos agardando por vos!

 



 

 

miércoles, 4 de noviembre de 2020

GAÑADORES DO II CONCURSO DE MICRORELATOS DE TERROR

Bos días a todos e a todas! 

Hoxe traémosvos unha sorpresa moi moi especial: os gañadores do "II Concurso de microrelatos de terror"


Non foi unha tarefa fácil decidirnos. Tivemos que leer unha morea de historias terroríficas ata atopar as que máis nos gustaron. 

Queremos darvos as grazas a todos e a todas pola vosa participación e polo voso esforzo! Fixéstes un traballo increíble!

Queredes saber quen son os gañadores?

Na categoría grupal, o microrelato gañador foi "ESPANTO" escrito polos alumnos e alumnas de 3º e 4ª!



Na categoría individual temos un gañador e un finalista: 

-O microrelato gañador foi o estremecedor "Ding Dong" de Maryam (4º)! 



-Por último, o microrelato finalista é a orixinal historia de Samaria (2º)! 



Noraboa aos gañadores! Agardamos que vos gusten os agasallos e que sigades escribindo máis historias! 

Grazas a todos e a todas por participar un ano máis e por imaxinar e crear relatos tan orixinais, fantásticos e terroríficos!!

 




ADIVIÑA, ADIVIÑA...

Como sabedes nos últimos anos estamos aprendendo moito de diferentes temas. 

No curso 2018/2019 tocounos viaxar por todo o mundo e coñecer diferentes países. Aprendemos tanto que nos entraron ganas de percorrer o mundo. 

No curso 2019/2020 quixemos indagar sobre o lugar no que vivimos, o noso concello: Poio. Descubrimos que hai moitos lugares aos que nunca foramos e que teñen moita historia detrás. 

Despois de recordar todo o camiño andado, a pregunta é cal:  será o proxecto que nos acompañará este curso? Que creedes vos? Que vos gustaría investigar?







martes, 3 de noviembre de 2020

MES DA CIENCIA

Este mes vamos a convertirnos en pequenos e pequenas científicas. Para iso, dende a biblioteca queremos compartir con vos algúns dos libros que gardamos nas nosas estanterías. Neles poderedes aprender moito sobre astronomía, física e química, sobre os animais ou sobre as plantas. 

Anímadesvos?