miércoles, 4 de noviembre de 2020

GAÑADORES DO II CONCURSO DE MICRORELATOS DE TERROR

Bos días a todos e a todas! 

Hoxe traémosvos unha sorpresa moi moi especial: os gañadores do "II Concurso de microrelatos de terror"


Non foi unha tarefa fácil decidirnos. Tivemos que leer unha morea de historias terroríficas ata atopar as que máis nos gustaron. 

Queremos darvos as grazas a todos e a todas pola vosa participación e polo voso esforzo! Fixéstes un traballo increíble!

Queredes saber quen son os gañadores?

Na categoría grupal, o microrelato gañador foi "ESPANTO" escrito polos alumnos e alumnas de 3º e 4ª!



Na categoría individual temos un gañador e un finalista: 

-O microrelato gañador foi o estremecedor "Ding Dong" de Maryam (4º)! 



-Por último, o microrelato finalista é a orixinal historia de Samaria (2º)! 



Noraboa aos gañadores! Agardamos que vos gusten os agasallos e que sigades escribindo máis historias! 

Grazas a todos e a todas por participar un ano máis e por imaxinar e crear relatos tan orixinais, fantásticos e terroríficos!!

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario