lunes, 30 de marzo de 2020

CONTAMOS E CANTAMOS

Bos días a todos e a todas!

Hoxe traemosvos varias propostas para pasar o día. En primeiro lugar, queremos que disfrutedes do conto "O increíble neno devorador de libros" do autor Oliver Jeffers. Esperamos que vos guste tanto como a nos.


A nosa segunda proposta, é unha canción, para que bailedes e cantedes ao ritmo de Uxía a Lambona e a banda molona. Desta vez a canción que escollimos foi "Carolina".


E para que poidades seguir escoitando música e bailando estes días, deixámosvos estes dous enlaces:



Moito ánimo a todos e feliz luns!

Todo vai saír ben! 🌈

viernes, 27 de marzo de 2020

CONTANDO CONTOS

Bos días!! 

Hoxe queremos ensinarvos as sesións "Contando contos" que iniciamos na nosa biblio fai unhas semanas. Os nosos nenos e nenas encargáronse de leer contos para todos os que se quixesen achegar. 


Gracias aos que participaron nesta actividade por preparar as lecturas e tamén por facernos imaxinar historias fermosísimas coas que soñar e aprender. E tamén, gracias a todos os que foron a escoitalos atentamente. 



Xa que lamentablemente estas sesións non poden levarse a cabo, hoxe deixamosvos o conto de "El Monstruo de los colores" da autora Anna Llenas, nesta ocasión relatado por Beatriz Montero.


Agardamos que vos guste!! 


Moito ánimo e feliz venres!



Todvai saír ben! 🌈








martes, 24 de marzo de 2020

CANTAR, CONTAR E BAILAR!

Bos días a todos e todas!!

Hoxe trasladámonos ao Salón do Libro para traervos unha proposta moi diferente!

Vamos mover un pouco o corpo, poñédevos en pé e preparadevos para cantar, contar e bailar ao ritmo da Cé Orquestra Pantasma!

Moito ánimo e feliz martes!

Todo vai saír ben! 🌈





domingo, 22 de marzo de 2020

OS FANTÁSTICOS LIBROS

Bos días a todos e todas!

Hoxe queremos compartir un corto chamado "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore" dirixido polo autor e ilustrador William Joyce e o seu co-director Brandon Oldenburg.

Cóntanos unha entretida e apaixoada historia sobre as persoas que dedican a súa vida ós libros e tamén sobre como os libros nos axudan a soñar e a ser feliz. 


Para que sigades soñando, deixamosvos este fermoso conto moi coñecido por todos: "A Cebra Camila" de Marisa Núñez. Neste caso, relatado polos compañeiros do CEIP Coiron de Dena. 

Esperamos que vos guste e disfrutedes destas dúas historias!

Comentade e contádenos que vos fan sentir os libros? cales son os vosos contos favoritos? 

Moito ánimo! 
Todo vai saír ben🌈!



sábado, 21 de marzo de 2020

21 de MARZO

Prezadas familias,
Hoxe, 21 de marzo, Día da Poesía, trocamos os papeis. Desta vez, dadas as circunstancias, son os mestres e mestras do cole de Viñas os que dan comezo ao II Recital de Poesía "Arrolando versos", tan esperado por todos.

Buscade un sitio tranquilo e cómodo e desfrutade todos xuntos destes minutos poéticos.

Feliz día da poesía!

Máis agora precisamos a vosa axuda. Só tendes que gravar o voso poema favorito e enviar o audio a biblio.luno@gmail.com

Sería estupendo poder facer un segundo programa e inundar estes días de fermosos versos.

Contamos con vós!

Ademáis, non podíamos esquecer que hoxe tamén se celebra o Día Mundial da Síndrome de Down. Así que dende aquí, animámosvos a que saquedes unha foto cuns calcetín desparellados e nola enviedes, xunto co poema, á nosa dirección de correo electrónico, para que poidamos publicalas e entre todos apoiar e dar visibilidade ás diferenzas que tanto nos enriquecen.

Nós xa temos as nosas!


Para rematar, compartimos este vídeo.


Moito ánimo, familias! 🌈

viernes, 20 de marzo de 2020

LEANDRO LAMAS

Imaxe: Leandro Lamas
Saudiños, familia!

Hoxe traemos unha propoposta ben divertida para facer na casa e sacar a ese artista que todos e todas levamos dentro. 

O gran ilustrador Leandro Lamas (Narón, 1973), de sobra coñecido por todos nós, ensínanos a debuxar seguindo uns sinxelos pasos.

Premendo nesta ligazón podedes acceder ao seu perfil de Facebook. Unha vez no perfil, pinchade na lapela de "Fotos", e seleccionade o álbum "16M pintoeficonacasa".

Así que xa sabedes: mans á obra, artistas!

Animádevos a enviar unha foto das vosas obras de arte ao correo electrónico biblio.luno@gmail.com

Encantaríame velas e poder publicalas no blogue!

Moito ánimo! 🌈 

#euficonacasa

jueves, 19 de marzo de 2020

72 KILOS

Bo día, lector@s!

En moitas ocasións temos falado no cole da figura dos ilustradores e ilustradoras que enchen de vida as historias dos nosos libros.

Así que hoxe falaremos dun deles, Óscar Alonso, un ilustrador bilbaíno que, fai uns días, nos agasallaba cunha fermosa ilustración sobre a importancia de coidar e deixarse coidar nestes complicados días.
Ilustración: 72kilos
Se pinchades no pé de foto, a ligazón dirixiravos a súa páxina web, onde poderedes ver o gran traballo que realiza. Non o perdades porque paga a pena!

Que vos parece se todos e todas, dende as nosas casas, facemos un fermoso debuxo ou escribimos unha mensaxe positiva para compartir co resto?

Espero os vosos traballos con moita ilusión.

Moito ánimo, familia! Todo sairá ben! 🌈

martes, 17 de marzo de 2020

CONTACONTOS


www.kalandraka,com
Ola amiguiñ@s!

Escoitar un conto sempre é un bo plan, pero a cousa mellora cando o que narra a historia é o seu propio autor.

Estade moi atentos, porque estes días, diferentes escritores estarán en Kalandraka TV contando as fermosas historias dos nosos contos favoritos.
Xa podedes desfrutar de "O coelliño branco", de Xosé Ballesteros e Óscar Villán, e de "O poliño da abeleira", de Bea Campos e Gabriel Pacheco. Só tendes que pinchar aquí: Kalandraka TV 

Feliz tarde e boas lecturas!

lunes, 16 de marzo de 2020

E QUE PODO FACER EU?

"E que podo facer eu?" OQO Editora
Ola amiguiñ@s!

A proposta lectora para hoxe é o marabilloso conto "E que podo facer eu?", de José Campanari e Jesús Cisneros (OQO Editora). E coma moitas e moitos de vós non o teredes na casa, déixovos aquí abaixo a adaptación cinematográfica do álbum, realizada por Borja Guerrero.

Despois de varios días na casiña, estou seguro que a moitos e moitas de vos estavos a rondar pola cabeza a mesma pregunta que unha e outra vez se fai o señor Xe: “E que podo facer eu?” Porque estar tanto tempo na casa non é doado, pero sempre podemos botar unha man para facer a convivencia máis fácil e sentirnos ben axudando aos demais.

Axudar a pór a mesa, pasar a vasoira, ordenar os xoguetes, aprenderlle unha canción aos irmáns, compartir coa familia o noso poema favorito... poden ser algunhas das cousas que podemos facer estes días, pequenas accións que de seguro farán que nos sintamos moito mellor.

Ocórresevos algunha máis? Xa sabedes que podedes deixar as vosas propostas nos comentarios así como calquera mensaxe que vos apeteza compartir.

Feliz estancia e boas lecturas!

Saúdos agarimosos do voso amigo Luno Luneiro!



viernes, 13 de marzo de 2020

SEGUIMOS LENDO

Ola amiguiñ@s!

Como todas e todos sabedes, estes días teremos que quedar na casiña. Pero isto non quere dicir que non poidamos seguir desfrutando de boas lecturas ☺

Todos os días deixarei por aquí un contiño (ou quizáis un poema) e, se vos apetece, podedes deixar as vosas opinións nos comentarios. Sería fantástico ler as vosas mensaxes ❤

Ademais disto, déixovos unha serie de ligazóns onde atopar un montón de lecturas, actividades e xogos para pasar o día.






Espero con emoción as vosas visitas.

Saúdos agarimosos do voso amigo Luno Luneiro.

lunes, 9 de marzo de 2020

8M DÍA DA MULLER

Hoxe conmemoramos no cole o Día da Muller
Viñeron os de "Polo Correo do vento" que nos contaron, debuxaron e cantaron a historia de María del Carmen Rodiño, unha veciña de Poio que, ademais tamén se animou a vir e pasar un anaco connosco. 

Foi un día moi especial para todos e para todas. E, dende aquí dámoslle as gracias por vir ao noso cole a coñecernos e a disfrutar con nos.





Recomendacións de lectura






miércoles, 4 de marzo de 2020

MESTRAS DA COMPOSTAXE

Onte tivemos a sorte de recibir en Radio Viñas a dúas das mestras composteiras do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, un programa grazas ao cal estamos aprendendo a importancia da compostaxe para o coidado do medio ambiente.



Dende aquí felicitamos ás compañeiras de 5º de Primaria polo gran traballo que realizaron. Unhas profesionais das ondas!

Noraboa, rapazas!

Non deixedes de escoitar a entrevista, porque o que contan é ben interesante!