Bos días a todos e todas!
Hoxe queremos compartir un corto chamado "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore" dirixido polo autor e ilustrador William Joyce e o seu co-director Brandon Oldenburg.
Cóntanos unha entretida e apaixoada historia sobre as persoas que dedican a súa vida ós libros e tamén sobre como os libros nos axudan a soñar e a ser feliz.
Para que sigades soñando, deixamosvos este fermoso conto moi coñecido por todos: "A Cebra Camila" de Marisa Núñez. Neste caso, relatado polos compañeiros do CEIP Coiron de Dena.
Esperamos que vos guste e disfrutedes destas dúas historias!
Comentade e contádenos que vos fan sentir os libros? cales son os vosos contos favoritos?
Moito ánimo!
Todo vai saír ben🌈!
No hay comentarios:
Publicar un comentario