"E que podo facer eu?" OQO Editora |
Ola amiguiñ@s!
A proposta lectora para hoxe é o marabilloso conto "E que podo facer eu?", de José Campanari e Jesús Cisneros (OQO Editora). E coma moitas e moitos de vós non o teredes na casa, déixovos aquí abaixo a adaptación cinematográfica do álbum, realizada por Borja Guerrero.
Despois
de varios días na casiña, estou seguro que a moitos e moitas de vos
estavos a rondar pola cabeza a mesma pregunta que unha e outra vez se
fai o señor Xe: “E que podo facer eu?” Porque estar tanto tempo
na casa non é doado, pero sempre podemos botar unha man para facer a
convivencia máis fácil e sentirnos ben axudando aos demais.
Axudar
a pór a mesa, pasar a vasoira, ordenar os xoguetes, aprenderlle unha
canción aos irmáns, compartir coa familia o noso poema favorito...
poden ser algunhas das cousas que podemos facer estes días, pequenas
accións que de seguro farán que nos sintamos moito mellor.
Ocórresevos
algunha máis? Xa sabedes que podedes deixar as vosas propostas nos
comentarios así como calquera mensaxe que vos apeteza compartir.
Feliz
estancia e boas lecturas!
Saúdos
agarimosos do voso amigo Luno Luneiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario