domingo, 15 de diciembre de 2019

UNHA DE CHISTES

O alumnado de 4º curso estivo en Radio Viñas grabando un programa con moito humor.

Preparados para botar unhas boas risas?

sábado, 14 de diciembre de 2019

LAND ART


No mes de novembro dende a biblio propuxémoslles aos nosos nenos e nenas crear un Land Art.

Pero... Como podíamos facelo? 

Tan só foi preciso elementos da natureza, unha mesa de luz e moita, moita imaxinación e creatividade.

Con estes ingredientes, cada curso creou a súa propia obra de arte empregando materiais e recursos que temos ao noso arredor como follas, castañas, noces ou landras.

Os nenos e nenos da escola acudiron a biblioteca e fixeron un traballo extraordinario.





Ademais disto, tamén coñecimos a historia de Margarita Salas. Unha importante científica asturiana que foi a primeira muller en recibir a Medalla Echegaray que concede a Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. 

http://www.nomecuentescuentos.com/margarita-salas-la-cientifica-tenaz-que-sigue-rompiendo-barreras/








martes, 3 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

No 1992, as Nacións Unidas proclamaron o día 3 de decembro Día Internacional das persoas con discapacidade

Dende a biblio eliximos varios libros para conmemorar este día, pero tamén para promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida. 




Ademais, animámosvos a ver este emotivo corto de Pedro Solís García chamado "Cuerdas". 






jueves, 28 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA

En novembro celebramos na nosa escola o mes da ciencia e, para que os nosos alumnos e alumnas sexan expertos científicos propuxémoslles dende a biblio unha serie de libros para que poidan investigar, facer experimentos e aprender moito, moito sobre astronomía.  





Ademáis, tivemos a sorte de que nos visitara Íñigo de la Quadra (fillo do coñecido explorador Miguel de la Quadra Salcedo), quen  no seu planetario móbil convidounos a descubrir os misterios do universo, nunha viaxe que nunca esqueceremos.

 
Ao rematar o obradoiro, o alumnado de 6º curso fíxolle unha estrevista en Radio Viñas, na que Íñigo relatou as súas experiencias nas numerosas viaxes arredor do mundo, deixándonos unha morea de aprendizaxes.



Escoitade a entrevista porque paga a pena! Que gran traballo fixeron estes mestres das ondas!

lunes, 25 de noviembre de 2019

25 NOVEMBRO

Como todos sabemos o 25 de Novembro é o día internacional da eliminación da violencia de xénero. Nos levamos varias semanas preparando unha fermosa canción chamada "Depende de los dos" e hoxe xuntámonos todos para cantala! 

Esta canción pertence a un proxecto educativo levado a cabo por dúas escolas: o CRA Alto Gállego e o CEIP Puente Sardas que xurdiu co obxectivo de traballar o feminismo e a coeducación nas aulas. 
Queredes escoitar como soa? Pois poñédevos en pé e dádalle a play! 




Ademais, hoxe tamén quixemos escoitar un conto relacionado con este día para reflexionar e concenciarnos sobre a violencia de xénero. O libro que eliximos titúlase Arturo e Clementina e é da autora Adela Turín. 

Prestase moita atención! 






sábado, 9 de noviembre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana puxemos en marcha as nosas Mochilas Viaxeiras! 
Hai unha para cada curso e están cheas de aventuras e historias.

As nosas mochilas comezarán unha andaina que as levarán polos fogares dos nosos nenos e nenas para que compartan coas súas familias algúns dos libros que gardamos na nosa biblioteca.

domingo, 3 de noviembre de 2019

SAMAÍN


Como cada curso, no mes de outubro celebramos o Samaín. Este ano cunha novidade: o concurso de microrelatos de terror. Os nenos e nenas poideron participar de forma grupal ou individual. Na categoría grupal os gañadores foron: 5º de Primaria e Infantil B. Na categoría individual o gañador foi Samuel (4º de Primaria) e a finalista foi Alice (5º de Primaria). 



Dende a biblioteca queremos darlle as grazas a todos os alumnos e alumnas pola súa participación, o seu esforzo e o seu traballo. 

Con motivo da celebración do Samaín, dende o noso pequeno recuncho do cole, recomendámoslles a todos lecturas moi, moi terroríficas para estes días. 




Ademais, o día 30 vimos o conto de Carabuñas elaborado polos nenos e nenas do CEIP Coirón en Dena. Fixeron unha versión moi orixinal e a nos encantóunos. Aquí vos deixamos o enlace por se queredes velo!