lunes, 17 de febrero de 2020

O MARTES... CON MANDIL

Seguimos co Entroido e xa temos nova indicación: 

"Xa andan os  resposteiros
quentando as súas tixolas.
Por vez primeira este ano
temos festa da filloa!

Non esquezas este martes
traer un mandil á escola"






viernes, 14 de febrero de 2020

COMEZAMOS O ENTROIDO

Xa temos listo todo para empezar o Entroido no noso cole. Prestade moita atención as instruccións que se irán dando para cada día. 
De momento, xa temos a primeira para o luns:


"A festa do Entroido en Poio, 
a máis longa da provincia, 
éche ben coñecida. 

Como o galo Fodorico,
non esquezas este luns
vir coa cabeza lucida


COÑECENDO POIO

Este curso dende a biblioteca propuxémoslles aos nosos nenos e nenas investigar o noso concello, Poio.



O ano pasado, coñecimos un montón de países, aprendimos sobre a súa forma de vida, cultura, gastronomía e moitas cousas máis. Asique, este ano, decidimos indagar sobre o lugar onde vivimos.

Aos nenos e nenas de sexto tocoulles investigar sobre as fermosas praias que temos preto de nos. Como son moi bos actores e actrices decidiron realizar unha pequena actuación para explicarnos como son e onde están situadas. Fixérono moi moi ben e aprendimos un montón!



martes, 11 de febrero de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da nena e a muller na ciencia, dende a biblio propoñémosvos varios libros relacionados con este tema. Animamosvos a boterlles un ollo! Son todos moi moi interesantes!





jueves, 30 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

Como cada 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Dende a biblioteca preguntámoslles aos nosos nenos e nenas que noticias lles gustaría atopar na prensa. Para realizar esta labor convertéronse en pequenos reporteiros mudando os titulares dos xornais e escribindo outros novos cheos de sentimentos positivos.



Ademais disto, dende a biblio propoñémosvos unha serie de lecturas sobre este tema. Están dispoñibles na biblioteca para todos os que queiran disfrutar delas.


miércoles, 29 de enero de 2020

NOVIDADES XANEIRO

Neste ano 2020 recibimos novos libros e xogos. 
Podedes aprender moito cos novos inventarios de dinosaurios , animales ou flores. Divertirvos coas historias de Mortiña  ou "As pousadesiras do rei"  e,  para os máis pequenos temos o libro "Números" de Leo Lionni.

Luno xa liu todos  os libros novos , agora é  o voso turno. 

Animádesvos?







martes, 21 de enero de 2020

ESCOITANDO CONTOS

O mércores pasado tivemos a visita dunha contacontos. Quedamos abraiados cando nos relatou a historia de Lúa, unha pequena gata que quería viaxar polo mundo e facer amigos. Gustounos moito e pasamolo moi ben.

Dende aquí queremos darlle as gracias por compartir este conto con nos.