jueves, 20 de febrero de 2020

AS FAMILIAS CONTAN

Este xoves 20 comezamos coas nosas sesións de "As familias Contan"
Tivemos dúas invitadas de luxo que viñeron a contarlles contos aos nosos nenos e nenas. Disfrutamos moito con elas e, dende aquí, queremos darlles as gracias por compartir o seu tempo con nos e por anímarse a vir leer a nosa biblioteca!

Moitas grazas!




miércoles, 19 de febrero de 2020

XOVES... DE LOITO!

A última indicación para esta semana é a seguinte:


"Catro enterros hai en Poio,
que anuncian o fin do Entroido
Galo Bruxo en Samieira,
en San Xoán o Fodorico,
Mexilón en Combarro
o Berberecho en Lourido
o xoves de loito viremos
todos xuntos choraremos."




martes, 18 de febrero de 2020

MÉRCORES... DE CHOQUEIROS!

Para este mércores xa temos nova indicación para o noso Entroido:

"Deixa a vergoña na casa
viste con roupa vella, 
con carouta e anteface
que ninguén te recoñeza!

Para o mércores dezanove
presta moita atención
terás que vir de choqueiro
como manda a tradición." 









lunes, 17 de febrero de 2020

O MARTES... CON MANDIL

Seguimos co Entroido e xa temos nova indicación: 

"Xa andan os  resposteiros
quentando as súas tixolas.
Por vez primeira este ano
temos festa da filloa!

Non esquezas este martes
traer un mandil á escola"






viernes, 14 de febrero de 2020

COMEZAMOS O ENTROIDO

Xa temos listo todo para empezar o Entroido no noso cole. Prestade moita atención as instruccións que se irán dando para cada día. 
De momento, xa temos a primeira para o luns:


"A festa do Entroido en Poio, 
a máis longa da provincia, 
éche ben coñecida. 

Como o galo Fodorico,
non esquezas este luns
vir coa cabeza lucida


COÑECENDO POIO

Este curso dende a biblioteca propuxémoslles aos nosos nenos e nenas investigar o noso concello, Poio.



O ano pasado, coñecimos un montón de países, aprendimos sobre a súa forma de vida, cultura, gastronomía e moitas cousas máis. Asique, este ano, decidimos indagar sobre o lugar onde vivimos.

Aos nenos e nenas de sexto tocoulles investigar sobre as fermosas praias que temos preto de nos. Como son moi bos actores e actrices decidiron realizar unha pequena actuación para explicarnos como son e onde están situadas. Fixérono moi moi ben e aprendimos un montón!



martes, 11 de febrero de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da nena e a muller na ciencia, dende a biblio propoñémosvos varios libros relacionados con este tema. Animamosvos a boterlles un ollo! Son todos moi moi interesantes!