Hoxe traémosvos unhas cantas propostas para conmemorar o día da nosa lingua. Escolle a que máis che guste! En primeiro lugar, unha pequena Misión: "O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero". Teredes que ir buscando claves e recollendo pistas na casa do autor, para ir descubrindo e coñecéndoo mellor. Seguro que xa sabedes un montón de cousas. Atrevédesvos a facer esta Misión?
Moita sorte!
* Xogo elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa)
Agora que xa coñecedes un pouco mellor a este autor, xa estades preparados para ler un dos seus fermosos contos "As Pitas baixo a choiva". Agardamos que vos guste!
Premede na imaxe para ler o libro completo.
Para rematar, queremos despedirnos con esta canción de Paco Nogueiras que tantas veces bailamos no cole.
O 17 de Maio celebramos o día das letras galegas, que este ano está dedicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Seguro que moitos de vós xa o coñecedes, pero... Queredes coñecelo un pouquiño máis? Os alumnos e alumnas do colexio San Pío X de Ourense fixeron un vídeo no que se contan cousas moi interesantes sobre a vida e obra deste importante escritor.
Gustouvos o vídeo? Seguro que agora sabedes un montón de cousas sobre Ricardo Carvalho Calero.
Ademais, hoxe queremos agasallarvos cun pequeno vídeo coas palabras máis fermosas da nosa lingua e que dedicamos a todos os nenos, nenas e familias do noso cole.
O vindeiro domingo, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas e o noso querido Luno ven con dúas propostas para vós. Lede con atención:
Letras Galegas 2020
Imaxe: Down Galicia
1. Concurso: Escolle unha palabra en galego e fai unha representación da mesma utilizando a técnica que máis che guste (facendo un debuxo, un collage, unha montaxe de fotografía...). Envíanos unha foto do resultado ao noso correo electrónico(biblio.luno@gmail.com)
Moito ollo! O prazo de entrega remata o vindeiro venres, 22 de maio.
Gañador e finalista serán premiados cun libro, que poderedes recoller no cole cando a situación o permita.
2. Reto refraneiro: Coñeces algún refrán en galego? Bótalle un ollo a esta proposta tan chula de Aulas Galegas (pincha aquí). Podes enviarnos unha foto do teu traballo para que poidamos publicala no blogue. Anímate a participar!
Hoxe queremos compartir con todos unha pequena parte do noso proxecto "Coñecendo Poio".
Fai unhas semanas vimos o traballo dos rapaces e rapazas de sexto que nos falaron das fermosas praias que temos en Poio.
Agora é o turno dos alumnos e alumnas de cuarto de primaria que tiveron que investigar sobre o Monumento da Memoria.
Queredes saber máis?
Pois prestade moita atención a este vídeo no que os nenos e nenas de cuarto nos contan datos moi interesantes deste monumento que temos tan preto.
O Monumento da Memoria
Dende aquí queremos darlle as gracias aos nosos nenos e nenas polo seu esforzo e traballo e por trasmitirnos coas súas voces todo o que aprenderon. Animamosvos a visitar este maravilloso lugar cando teñades oportunidade!
Agora, xa sabedes que neste monumento podemos ver tres rostros moi coñecidos: Castelao, Alexandre Bóveda e Rosalía de Castro. Precisamente, hoxe tamén queremos compartir con vos un poema de Rosalía de Castro que podemos atopar no album "Parece unha rosa" ilustrado por Isabel Pintado e interpretado neste video polo alumnado do CEIP Vista Alegre de Burela. Esperamos que vos guste!
Hoxe, primeiro de maio, dámoslle a benvida a primavera!
Se queredes saber un pouco máis sobre a fermosa tradición da Festa dos Maios, botádelle unha ollada a este vídeo elaborado polo Concello de Poio:
Ademáis, convidámosvos a escoitar esta canción de Luis Emilio Batallán, creada a partir do poema O maio (Aires da miña terra, 1880) de Manuel Curros Enríquez.
Bo día, lector@s! Convidámosvos a seguir inventado historias, desta vez cun xogo que todos e todas coñecedes e que tanto éxito ten nas nosas aulas: Story Cubes! Premede nos dados e deixade voar a vosa imaxinación!
E se queredes pasar un bo rato, escoitade esta divertida historia: Raposa lista, da gran Raquel Queizás.
Podedes seguir desfrutando destas e doutras historias na canle de YouTube do Colectivo NOGA #narraciónoralgalega