martes, 9 de junio de 2020

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Bo día!

O noso querido Luno non pode estar máis contento! Recibiu as primeiras imaxes para participar no concurso de fotografía "Olladas. Descubrindo a natureza" 👏👏👏

Moitísimas grazas, artistas! 😍😍😍


Alberto (2ºEP)
"Moreira a puntuño de madurar no noso xardín"

Ainhoa (5ºEI)
"Los cactus de mi mamá"

Clara (5ºEI)
"Paisaxe veraniega no meu xardín"


Se queredes participar no concurso, lembrade que o prazo remata este venres. Bulide!
  1. Sacade unha foto á natureza (unha flor, unha nube, un bechiño, unha árbore, unha paisaxe...)
  2. Enviade a foto, xunto cun título, ao noso correo electrónico: biblio.luno@gmail.com
Recordade que aquí tedes uns pequenos consellos para tirar as vosas fotos ↓↓↓  



Agardamos con ilusión as vosas fotografías!📸😉

lunes, 1 de junio de 2020

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Como xa vos adiantamos a semana pasada, tiñamos unha sorpresa preparada para vós e estamos seguros que vos vai encantar: o noso I Concurso de Fotografía OLLADAS, DESCUBRINDO A NATUREZAComo o 5 de xuño é o día Mundial do Medio Ambiente, o tema será a NATUREZA!



Que tedes que facer?

1º Sacar unha foto que reflicta a beleza da natureza.


Enviar a foto, xunto cun título, ao mail do nosa biblio: biblio.luno@gmail.com

Cando podedes facelo?

Poderedes enviarnos as vosas fotos dende o 5 até o 12 de xuño

Haberá premios para as mellores fotos! 


Como sacar a foto? 

No seguinte documento tedes uns conselliños para lograr sacar a mellor foto. Botádelle un vistazo!





A que estás agardando? Vamos, corre a investigar todo o que tes ao  teu arredor! Estamos ansiosos por ver as vosas marabillosas fotografías!!





A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

Bos días a todos e a todas!

Como xa sabedes, coidar o medio ambiente e a todos os seres vivos é algo moi importante para protexer o lugar onde vivimos. Recordade todo o que aprendimos e fixemos durante o curso e non vos esquezades de:

-Pechar o grifo cando non o precisemos para non malgastar a auga.
-Apagar as luces e os aparellos electrodomésticos cando non os utilizamos. 
- Reducir o uso de plástico e outros materiais que danan o noso planeta. 
-Non tirar lixo ao chan. 
-Reciclar, separar os residuos en distintos cubos.

En relación a isto, hoxe traemos un corto fermosísimo que seguro que vos vai encantar. Chámase "A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO", de José Saramago!




Ademais, xa podemos adiantar que esta semana vai haber unha grande sorpresa que vos vai encantar!

Estade moi atentos ao noso blogue!







domingo, 24 de mayo de 2020

CONCURSO LETRAS GALEGAS

Bo día, familias!

Recordades o concurso polo día das Letras Galegas? Pois xa temos gañadora!


NEREA (5º) enviounos esta obra de arte que non pode reflectir mellor ese intre entre LUSCO e FUSCO. Espectacular, non si?


Parabéns, artista!!!👏😍

E aquí tedes os debuxos do resto de participantes:
 
ALBERTO (2º) escribiu a palabra AGARIMO, con moitísimas cores, como teñen o amor e o cariño 😙

A XIRAFA é un dos animais favoritos de DAVID (4º). Quedoulle ben bonita! 💛

XOGUETE foi a palabra que elexiu AINHOA (2º), nun debuxo cheo de cor e moito brillo 🌟
 

SOFÍA (3º) representou moi ben a TERRA, imaxinamos que para que non esquezamos coidala 💚
 
 
E aínda hai máis!

CLARA (EI) debuxou a "Ricardo Carvalho Calero no xardín da súa casa". Non nos extraña nada que teña esa cara de felicidade! 😎


ALBERTO (2º) participou no reto refraneiro: "Polo San Xoan... a sardiña molla o pan" 🐟
Encantounos!


Luno quedou tan contento con todos estes debuxos que decidiu premiar a participación.

Así que, xa sabedes: gañadora e participantes, tedes un agasallo no cole esperando por vós! 🎊🎊🎊 Nos vindeiros días informaremos de cando podedes recollelo.

Moitas grazas a todas e a todos!!!

martes, 19 de mayo de 2020

ASTRONAUTA SIDERAL

Bo día!

A proposta de hoxe ven con moito ritmo 🎵🎵🎵

Preparados para cantar e bailar con Uxía Lambona e a Banda Molona?


Nunca esquezades que se tendes un soño, podédelo alcanzar! ☆☆☆

Apertas agarimosas do voso amigo Luno Luneiro 😍

viernes, 15 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS III

Bo día a todas e a todos!

Hoxe traémosvos unhas cantas propostas para conmemorar o día da nosa lingua. Escolle a que máis che guste!

En primeiro lugar, unha pequena Misión: "O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero". Teredes que ir buscando claves e recollendo pistas na casa do autor, para ir descubrindo e coñecéndoo mellor. Seguro que xa sabedes un montón de cousas. Atrevédesvos a facer esta Misión?

Moita sorte!
 

* Xogo elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa)

Agora que xa coñecedes un pouco mellor a este autor, xa estades preparados para ler un dos seus fermosos contos "As Pitas baixo a choiva". Agardamos que vos guste!

Premede na imaxe para ler o libro completo.

https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

Para rematar, queremos despedirnos con esta canción de Paco Nogueiras que tantas veces bailamos no cole. 

A mover o esquelete!


miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS II

Bos días!!

O 17 de Maio celebramos o día das letras galegas, que este ano está dedicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Seguro que moitos de vós xa o coñecedes, pero... Queredes coñecelo un pouquiño máis? Os alumnos e alumnas do colexio San Pío X de Ourense fixeron un vídeo no que se contan cousas moi interesantes sobre a vida e obra deste importante escritor. 




Gustouvos o vídeo? Seguro que agora sabedes un montón de cousas sobre Ricardo Carvalho Calero. 

Ademais, hoxe queremos agasallarvos cun pequeno vídeo coas palabras máis fermosas da nosa lingua e que dedicamos a todos os nenos, nenas e familias do noso cole.

Agardamos que vos guste!