lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

Bos días a todos e a todas, como sabedes o 21 de marzo é o día internacional da poesía. Dende a biblioteca quixémos darlles aos nosos nenos de 5º e 6º unha sorpresa moi, moi especial: un taller de poesía dirixido pola antiga mestra de AL que tanto lles ensinou ao longo destes anos. Foi un día moi moi especial e sairón poemas moi fermosos! Dende aquí queremos darlle as grazas a Sonia por vir compartir un anaco do seu tempo connosco e por seguir ensinándonos como xogar coas palabras!  Moitas Gracias!!






martes, 9 de marzo de 2021

A MULER MÁIS IMPORTANTE DA MIÑA VIDA!

 Que mellor que falar das mulleres máis importantes das nosas vidas para conmemorar o 8M? Eso foi o que fixemos hoxe, falar de avoas, nais, irmáns ou tías que nos fan a vida máis feliz! Cada neno e nena escribiu cal é a muller máis importante da súa vida e compartiuno con todos os compañeiros e profes! 

Foi un momento moi especial que todos e todas disfrutamos! 








CHANZOS POLA IGUALDADE

Como xa sabedes, para o 25 de Novembembro pensamos frases fermosas que decorasen os chanzos das escaleiras do noso cole. Este foi o resultado, unhas escaleiras coloridas que contan moito e coas que podemos imaxinar e recordar moitas historias que coñecemos. Que vos parece o resultado?




miércoles, 3 de marzo de 2021

8M

Como xa sabedes, dentro dunhas semanas é o 8M e, dende a biblioteca queremos que volvades a leer algúns destes libros que tanto nos gustan e tamén algún dos novos libros que chegaron fai unhas semanas.

Disfrutade da lectura!!




lunes, 1 de marzo de 2021

NOVIDADES MARZO

Boas tardes a todos e a todas! 

Chegaron novos exemplares ao cole! Temos un pouquiño de todo asique achégate a descubrir novas historias!





FRIDA KHALO

Continuamos co noso proxecto de biblioteca! Para este mes tócanos traballar nada máis e nada menos que sobre FRIDA KHALO. Xa a coñecemos un pouquiño porque no Entroido falaronnos dela, sabemos que é pintora e que naceu en México, pero este mes de marzo, queremos seguir coñecendoa e tamén descubrir algún dos seus cadros. 

Estades preparados? Prestade moita atención ao vídeo que vos deixamos:



jueves, 25 de febrero de 2021

CANTARTE HEI, GALICIA

Bos días a todos e a todas! Hoxe traemosvos unha sorpresa moi especial. Durante estas semanas estivemos a traballar co coñecido poema "Cantarte hei, Galicia" de Rosalía de Castro. Pois ben, hoxe presentámosvos este vídeo no que todos e todas, mestres e alumnado, recitamos esta fermosa poesía. 
Agardamos que vos guste!!