Un dos obxectivos que traballamos na axenda 2030 é a educación de calidade, por iso e para conmemorar o día mundial da eliminación da discriminación racial celebrado o pasado 21 de marzo, fixemos este enorme mural cun anaquiño de cada un de nos. Cada peza foi pintada por un dos nosos alumnos/as e todas elas representan o gran equipo que formamos na nosa escola.
viernes, 26 de marzo de 2021
lunes, 22 de marzo de 2021
DÍA DA POESÍA
Bos días a todos e a todas, como sabedes o 21 de marzo é o día internacional da poesía. Dende a biblioteca quixémos darlles aos nosos nenos de 5º e 6º unha sorpresa moi, moi especial: un taller de poesía dirixido pola antiga mestra de AL que tanto lles ensinou ao longo destes anos.
Foi un día moi moi especial e sairón poemas moi fermosos!
Dende aquí queremos darlle as grazas a Sonia por vir compartir un anaco do seu tempo connosco e por seguir ensinándonos como xogar coas palabras! Moitas Gracias!!
martes, 9 de marzo de 2021
A MULER MÁIS IMPORTANTE DA MIÑA VIDA!
Que mellor que falar das mulleres máis importantes das nosas vidas para conmemorar o 8M? Eso foi o que fixemos hoxe, falar de avoas, nais, irmáns ou tías que nos fan a vida máis feliz! Cada neno e nena escribiu cal é a muller máis importante da súa vida e compartiuno con todos os compañeiros e profes!
Foi un momento moi especial que todos e todas disfrutamos!
CHANZOS POLA IGUALDADE
Como xa sabedes, para o 25 de Novembembro pensamos frases fermosas que decorasen os chanzos das escaleiras do noso cole. Este foi o resultado, unhas escaleiras coloridas que contan moito e coas que podemos imaxinar e recordar moitas historias que coñecemos.
Que vos parece o resultado?
miércoles, 3 de marzo de 2021
8M
Como xa sabedes, dentro dunhas semanas é o 8M e, dende a biblioteca queremos que volvades a leer algúns destes libros que tanto nos gustan e tamén algún dos novos libros que chegaron fai unhas semanas.
Disfrutade da lectura!!
lunes, 1 de marzo de 2021
NOVIDADES MARZO
Boas tardes a todos e a todas!
Chegaron novos exemplares ao cole! Temos un pouquiño de todo asique achégate a descubrir novas historias!
FRIDA KHALO
Continuamos co noso proxecto de biblioteca! Para este mes tócanos traballar nada máis e nada menos que sobre FRIDA KHALO. Xa a coñecemos un pouquiño porque no Entroido falaronnos dela, sabemos que é pintora e que naceu en México, pero este mes de marzo, queremos seguir coñecendoa e tamén descubrir algún dos seus cadros.
Estades preparados?
Prestade moita atención ao vídeo que vos deixamos:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









