viernes, 28 de octubre de 2022

O TERROR CHEGA A VIÑAS...

Hoxe celebramos unha data especial... o tan esperado SAMAÍN!! As pantasmas, as bruxas e demais seres monstruosos invadiron a escola. Tivemos photocall, unha sesión de contacontos e para rematar desfrutamos dunha película de medo.






Ademais este ano volvemos a celebrar o "IV Concurso de microrrelatos de medo" no cal participou todo o alumnado. Pronto coñeceremos os gañadores!!




jueves, 22 de septiembre de 2022

PUBLICAN O GAÑADOR DO CONCURSO XAIME ILLA

Xa temos nas nosas mans a publicación A Raxeira, da XXX edición do concurso literario Xaime Illa Couto, que inclúe o poema "A estrela de area" de José Miguel Silva Camacho, gañador do concurso literario do ano 2021/2022. 



Na biblio xa temos os nosos exemplares grazas ao Concello de Poio e á Sociedade Cultural Deportiva de Raxó.

Unha vez máis, noraboa ao gañador! E nós, a desfrutar da súa obra. 





jueves, 19 de mayo de 2022

LETRAS GALEGA 22

 

Como ben sabedes, o pasado 17 de Maio, foi o día da nosa lingua. O día das LETRAS GALEGAS

Este ano, para seguir mantendo vivo o noso idioma, tivemos no cole a semana da lingua. Na que traballamos e investigamos sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Ademáis tamén participamos nunha proposta moi chula; a creación ou recitado de xogos populares en galego nos diferentes cursos. 

Pinchade aquí e veredes que os nosos alumnos son uns auténticos artistas!! 👏👅


A semana da lingua non puido rematar de mellor forma, tivemos a  gran sorte de disfrutar de... 

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA!!!!

Non vos imaxinades o ben que o pasamos! Bailamos, berramos, brincamos e cantamos coma toliiiiiños!!!!

Foi un pracer gozar deste gran concerto. Xa temos ganas de repetir! 



Por último felicitar dende o equipo de Biblio a Jose de 6º que resultou gañador do Certame Xaime Illa.


Noraboa!!! 👏👏👏👏👏👏👏👏👏 




lunes, 9 de mayo de 2022

Maio da Lingua

 

Para dar comezo ao mes de maio, o pasado mércores celebramos no cole unha das festividades máis populares e da que máis disfrutamos" Os Maios".

 Durante toda a semana o noso alumnado encargouse de ensaiar as coplas para despois facer a actuación correspondente no patio. A verdade é que o tempo acompañounos e pasámolo xenial!!!!

Por aquí déixovos unhas fotiños 👇🌸🌻🌺🌻🌹




Será difícil superar o maio do próximo curso porque este quedou PRECIOSO!!!

jueves, 24 de marzo de 2022

Día da Poesía

  

O pasado luns día 21 de marzo, celebramos no cole o Día da Poesía.

Contamos con diferentes libros para poder traballar este xénero literario e tamén os diferentes autores e autoras. 

Ademais, como actividade de centro, propuxemos que o noso alumnado se convertera en grandes poetas e realizasen as súas propias creacións, para despois recopilalas e crear o nos libro de poemas. 📝

Deixovos aquí algunha fotiño. 👇📷









domingo, 13 de marzo de 2022

8 M

 

Estes días celebramos no cole o Día da muller. 

Tivemos a sorte de contar coa visita de Raquel Queizás para desfrutar da súa obra "Todos somos iguais"

 Dende aquí, dámoslle as gracias por vir e compartir con nós o seu espectáculo. 👏



Ademáis fixemos un vídeo coas investigacións que fixeron os nosos/as alumnos/as sobre as mulleres importantes que cambiaron o mundo. Esas mulleres sen medo, valentes e que loitaron pola igualdade.


Déixovos aquí👇 algunha fotiño deste día tan importante! 












jueves, 3 de marzo de 2022

Día de Rosalía

 O pasado 23 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro no Ceip de Viñas. 

Entre todo o alumnado homenaxeamos á artista a través da lectura de diferentes poemas que despois colgamos nas pólas das árbores do patio, fixemos un retrato da mesma co lema sementadepensamentos🌸 e finalmente bailamos a golpe de muñeira, a canción "Terra" das nosas Tanxugueiras. A verdade que non puido quedar mellor... pasámolo en grande!

Aquí, 👇 unha mostra do espectáculo!