Hoxe 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no Ceip de Viñas.
Para homenaxear á artista, os alumnos e alumnas fixeron a lectura de diferentes poemas. Aquí deixámosvos un vídeo para que vexades cómo o celebramos!!
Hoxe 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no Ceip de Viñas.
Para homenaxear á artista, os alumnos e alumnas fixeron a lectura de diferentes poemas. Aquí deixámosvos un vídeo para que vexades cómo o celebramos!!
Hoxe na escola celebramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz
Baixo o lema "Burbullas pola paz", entre todos fixemos un mural no que os alumnos e alumnas decoraron uns mergulladores e recolleron os seus desexos de paz nunhas burbullas.
E chegou o Nadal o cole de Viñas! Entre todos decoramos a entrada da escola e tamén recibimos a visita dos trasnos que coma sempre fixéronolo pasar xenial, con moitos bailes e risas.🎅🎄🎉
Tamén aproveitamos para presentar a nova imaxe de Luno Luneiro. Seguro que vos gusta tanto coma a nós!😍
Aquí deixámosvos un pequeno resumo da celebración do fin de ano. Pasámolo en grande!
Aquí podedes ver unha resume da celebración do Día contra a violencia de xénero.
Os alumnos e alumnas estiveron traballando cos contos de Adela Turín e logo tivemos unha sesión de contacontos de Artur Trillo para concienciar sobre a importancia da igualdade e respeto.
Xuntámonos na entrada da escola para ler o noso manifesto e facer un minuto de silencio por tódalas mulleres víctimas de violencia. Deixámosvos o vídeo resumo para que lle botedes unha ollada:
#PoioPlantaCara #ViñasPlantaCara #25NPoio @cimpoio
“Mar de Viñas” será este curso o noso proxecto interdisciplinar que xirará entorno á temática do mar. O obxectivo é coñecer a nosa contorna máis próxima, fomentando o respecto ao medioambiente, o coñecemento da flora e da fauna e a valoración dos traballos do sector marítimo máis habituais na zona.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades que bonito está a quedar o colexio!!
Xa chegou Novembro, comezamos este mes celebrando a "Semana da Ciencia". Na entrada do colexio temos unha exposición con moitos libros para que os alumn@s poidan investigar e mergullarse neste mundo tan interesante...