lunes, 22 de mayo de 2023

DÍA CONTRA A HOMOFOBIA


O 17 de Maio foi o día da loita contra a homofobiaincluímos no noso traballo un contido tan importante e integrador como o que relata a bonita historia de Tango. Esperamos que disfrutedes este stopmotion tanto coma nós!!




No recuncho da biblio, tamén fixemos unha pequena exposición de libros e contos relacionados coa temática. Mirade que bonitiño quedou 😍🌈


martes, 16 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 23

O 17 de Maio, celebramos o día da nosa lingua, o día das LETRAS GALEGAS!!

Para conmemorar este día tan especial, fixemos unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego e tivemos no cole a semana la lingua galega.

Ademais rematamos a semana coa visita de Baobab teatro que nos presentou o espectáculo "Palabras" con Davide González e Andrea Bayer. Desfrutamos moitísimo cos seus contos e cancións. Pasámolo en grande!!




lunes, 15 de mayo de 2023

XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SÍNDROME DE DOWN

Hoxe recibimos a visita de Xuntos, Asociación de Síndrome de Down de Pontevedra. Dende os pequechos ata os maiores participaron en dinámicas coa fin de sensibilizarnos coa discapacidade e a  necesidade de inclusión. Encantounos a súa visita, graciñas Xuntos por vir o colexio de Viñas!!!





viernes, 28 de abril de 2023

MAIO DA LINGUA

Hoxe celebramos os Maios na escola, aquí deixámosvos unhas fotiños e un vídeo das coplas que fixeron os alumnos e alumnas. Pasámolo en grande!!







jueves, 27 de abril de 2023

BIBLIOPATIO

Coa chegada do bo tempo, volvemos a contar coa "Bibliopatio" para que os alumnos e alumnas desfruten dun bo libro nos momentos de lecer.




martes, 25 de abril de 2023

SALÓN DO LIBRO

O CEIP de Viñas participa no Salón do libro!!

A temática de este ano é "LIBROS PARA XOGAR" e os alumnos e alumnas crearon un xogo de memoria e un lince con diferentes contos coñecidos. 

Estamos dexesando que chegue o día para visitar o salón, seguro que será moi divertido!!




viernes, 21 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

Hoxe foi un día moi importante na escola xa que celebramos o día do libro!!!
Os nenos e nenas recibiron cartas de Luno Luneiro e tiveron que descifrar unha mensaxe para atopar os agasallos que estaba agochados!!!