lunes, 6 de noviembre de 2023

Cinencia!!

Para festexar o día da Ciencia preparamos uns experimentos vinculados ao noso proxecto. Experimentamos os inicios do cine co zootropo e descubrimos os efectos especiais que se poden xerala mediante os hologramas. Non volo perdades!





https://view.genial.ly/6548f503d7f99c0011c48447/interactive-content-cinencia

martes, 31 de octubre de 2023

Samaín terrorífico!

 Con esta ambientación se atoparon os nosos alumn@s cando viñeron a escoitar os contos de medo deste Samaín. 









miércoles, 7 de junio de 2023

Xornadas mariñeiras

Para rematar co proxecto de centro "Mar de Viñas" organizamos unhas xornadas mariñeiras nas que convidamos a varios traballadores relacionados con mundo do mar para contarnos as súas experiencias. Deixámosvos unhas fotiños para que botedes unha ollada. Foi xenial!!! 🌊🦐🦀

lunes, 5 de junio de 2023

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe 5 de Xuño é o día mundial do medio ambiente e o 8 de Xuño o día dos océanos, para celebrar estes días tan importantes fixemos unha exposición de libros e unhas propostas de lecturas relacionados coa temática para concienciar ó alumnado da importancia do coidado do planeta.





lunes, 22 de mayo de 2023

DÍA CONTRA A HOMOFOBIA


O 17 de Maio foi o día da loita contra a homofobiaincluímos no noso traballo un contido tan importante e integrador como o que relata a bonita historia de Tango. Esperamos que disfrutedes este stopmotion tanto coma nós!!




No recuncho da biblio, tamén fixemos unha pequena exposición de libros e contos relacionados coa temática. Mirade que bonitiño quedou 😍🌈


martes, 16 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 23

O 17 de Maio, celebramos o día da nosa lingua, o día das LETRAS GALEGAS!!

Para conmemorar este día tan especial, fixemos unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego e tivemos no cole a semana la lingua galega.

Ademais rematamos a semana coa visita de Baobab teatro que nos presentou o espectáculo "Palabras" con Davide González e Andrea Bayer. Desfrutamos moitísimo cos seus contos e cancións. Pasámolo en grande!!