Este curso temos a sorte de traballar sobre a aquitectura: coñecer diferentes tipos de construcións, materiais, diversas profesións...
E como non podía ser doutro xeito, este primeiro trimestre Luno tróuxonos unha proposta que vos queremos presentar.
Cada curso seleccionou unha construción característica dun lugar do mundo, e tras facer unha interesante e divertida investigación, presentámola ao resto de compañeiras e compañeiros para que tamén coñezan esas vivendas ás veces pouco habituais.
Aquí deixamos o resultado dalgúns destes traballos, que se poden consultar na exposición da entrada do cole.
Este martes conmemoramos o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Nesta ocasión, e seguindo coa temática das construcións que estamos a traballar este curso, toda a comunidade educativa quixo participar neste vídeo que se centra na importancia de destruir eses muros construidos dende o odio e a violencia cara as mulleres e polo contra, construir un novo mundo sustentado pola igualdade e o repecto.
Xa está aquí unha das nosas datas preferidas: o Samaín! E con ela, chega a VI edición do concurso anual de microrrelatos de medo.
Velaquí tedes aos gañadores e gañadoras, que un ano máis gravaron as súas historias de terror na radio escolar.
Noraboa por estes relatos que nos fixeron tremer de medo!
Ademais, para decorar o cole, fixemos unha exposición de casas do terror con caixas de cartón. Xa que estamos a traballar a arquitectura, qué mellor oportunidade que esta para construir as máis terroríficas posibles.
martes, 21 de octubre de 2025
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Este venres 24 conmemoramos o día internacional das bibliotecas e qué mellor xeito de celebrar esta data coñecendo algunhas das bibliotecas máis fermosas do mundo.
Damos un paseiño por elas? 💙
lunes, 29 de septiembre de 2025
Novo curso... mans á obra!
Agora que xa temos o novo curso un pouquiño rodado, o noso Luno xa nos pode desvelar cal será a temática do proxecto de centro deste ano.
Escoitádeo con atención:
Así que como vedes, este curso 2025-2026 traballaremos o tema da ARQUITECTURA. Coñeceremos vivendas extravagantes e as ferramentas e materiais que se precisan para a súa construción, aprenderemos a traballar con planos, descubriremos vivendas de animais un tanto curiosas e pode que ata nós mesmos sexamos arquitectos e arquitectas facendo as nosas propias construcións. Quen sabe... :)
Vaia viaxe nos espera, así que como ben di Luno... mans á obra!
Que neste cole temos moita marcha xa o sabemos todos, así que non nos puidemos resistir a meter un pouco de ritmo no noso proxecto mitolóxico cun dos nosos personaxes femininos favoritos agora que se achega o tempo de mar e praia: a Maruxaina.
Xunto ca mestra de AL aprendemos a signar a canción de Mekanika Rolling Band na que fala deste ser da mariña lucense e co profe de música démoslle o noso toque personal incluindo as nosas voces.
Seguro que estades desexando ver o noso videoclip, verdade? Esperamos que vos guste :)
Unha data que sempre nos gusta conmemorar é o día do medio ambiente. Coma xa é habitual, seleccionamos dende a biblio algún conto para traballar esta celebración e lembrar a importancia de coidar do noso planeta comezando por pequenos xestos do día a día.
Por ese motivo, o cole fixo unha pequena saída para colaborar limpando unha das praias da nosa contorna. Reflexionamos sobre as consecuencias de tirar lixo ao mar ou a importancia da reciclaxe.