jueves, 30 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

Como cada 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Dende a biblioteca preguntámoslles aos nosos nenos e nenas que noticias lles gustaría atopar na prensa. Para realizar esta labor convertéronse en pequenos reporteiros mudando os titulares dos xornais e escribindo outros novos cheos de sentimentos positivos.



Ademais disto, dende a biblio propoñémosvos unha serie de lecturas sobre este tema. Están dispoñibles na biblioteca para todos os que queiran disfrutar delas.


miércoles, 29 de enero de 2020

NOVIDADES XANEIRO

Neste ano 2020 recibimos novos libros e xogos. 
Podedes aprender moito cos novos inventarios de dinosaurios , animales ou flores. Divertirvos coas historias de Mortiña  ou "As pousadesiras do rei"  e,  para os máis pequenos temos o libro "Números" de Leo Lionni.

Luno xa liu todos  os libros novos , agora é  o voso turno. 

Animádesvos?







martes, 21 de enero de 2020

ESCOITANDO CONTOS

O mércores pasado tivemos a visita dunha contacontos. Quedamos abraiados cando nos relatou a historia de Lúa, unha pequena gata que quería viaxar polo mundo e facer amigos. Gustounos moito e pasamolo moi ben.

Dende aquí queremos darlle as gracias por compartir este conto con nos. 







domingo, 22 de diciembre de 2019

QUE LEMOS NO NADAL?

Bos días a todas e a todas!

Xa que no Nadal teremos  máis tempo libre será un bo momento para volver leer os nosos libros favoritos e tamén para descubrir novos contos. Por iso, hoxe queremos traervos as nosas recomendacións de lectura para estes días que tanto nos gustan!
Como sabedes, tedes na biblio todos estes libros, asique non dubidedes en collelos de préstamo para estas datas!

Pincha na imaxe para poder ver as nosas recomendacións. 

viernes, 20 de diciembre de 2019

POR UN 2020 CHEO DE HISTORIAS

Para comezar este novo ano queremos compartir con vós algunhas das actividades que fixemos dende a biblioteca durante os últimos meses do 2019. Recomendámosvos que o vexades con tranquilidade. Vaivos gustar moito!



Neste 2020 queremos seguir compartindo historias con vós e argallando actividades nas que os nosos nenos e nenas o pasen en grande. 




Ademáis, gustaríanos agradecer unha vez máis o traballo realizado polos nosos axudantes de biblioteca, sempre cun sorriso, dispostos a botar unha man. Sen a vosa axuda esto non sería posible!


 Felices festas!

OBRADOIROS DE NADAL

Un dos própositos para o novo ano 2020 é coidar o noso planeta para que poida vivir moitos anos. Por iso, decidimos rematar este 2019 cuns obradoiros que nos axuden a cumprilo. 

En primeiro lugar tivemos un Obradoiro de Agasallos, no que todos e todas aprendimos a envolver os nosos agasallos con material de refugallo. Agora que xa sabemos como facelo, este Nadal poderemos utilizar xornais vellos e outros materiais, reducindo así o uso de papel de regalo. 

En segundo lugar, fixemos un Obradoiro de Camisetas. Decoramolas con mensaxes que axuden a concenciarnos sobre o medio ambiente. Quedaronnos moi moi estilosas! 

En terceiro lugar, fixemos un Obradoiro de Pancartas. En pequenos grupos fixemos pancartas para manisfestarnos no novo ano 2020 e mostrar o moito que nos importa o noso planeta! 

Pasamolo en grande todos xuntos! Queredes ver o resultado do noso traballo? Prestade moita atención ao seguinte vídeo! 



jueves, 19 de diciembre de 2019

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Bo día, amiguiñ@s!

Deixamos por aquí as recomendacións de lectura que enviamos a casa para que neste Nadal non falten os libros.



Premede na imaxe para ampliala