lunes, 11 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS

Bo día!

O vindeiro domingo, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas e o noso querido Luno ven con dúas propostas para vós. Lede con atención:

Letras Galegas 2020
Imaxe: Down Galicia
1. Concurso: Escolle unha palabra en galego e fai unha representación da mesma utilizando a técnica que máis che guste (facendo un debuxo, un collage, unha montaxe de fotografía...). Envíanos unha foto do resultado ao noso correo electrónico(biblio.luno@gmail.com)
Moito ollo! O prazo de entrega remata o vindeiro venres, 22 de maio.
Gañador e finalista serán premiados cun libro, que poderedes recoller no cole cando a situación o permita.

2. Reto refraneiro: Coñeces algún refrán en galego? Bótalle un ollo a esta proposta tan chula de Aulas Galegas (pincha aquí). Podes enviarnos unha foto do teu traballo para que poidamos publicala no blogue. Anímate a participar!

Espero con ilusión as vosas creacións!

Apertas agarimosas do voso amigo Luno Luneiro 🥰

miércoles, 6 de mayo de 2020

MONUMENTO DA MEMORIA

Bos días!

Hoxe queremos compartir con todos unha pequena parte do noso proxecto "Coñecendo Poio". 

Fai unhas semanas vimos o traballo dos rapaces e rapazas de sexto que nos falaron das fermosas praias que temos en Poio.

Agora é o turno dos alumnos e alumnas de cuarto de primaria que tiveron que investigar sobre o Monumento da Memoria.

Queredes saber máis? 

Pois prestade moita atención a este  vídeo no que os nenos e nenas de cuarto nos contan datos moi interesantes deste monumento que temos tan preto.  


O Monumento da Memoria



Dende aquí queremos darlle as gracias aos nosos nenos e nenas polo seu esforzo e traballo e por trasmitirnos coas súas voces todo o que aprenderon. Animamosvos a visitar este maravilloso lugar cando teñades oportunidade!

Agora, xa sabedes que neste monumento podemos ver tres rostros moi coñecidos: Castelao, Alexandre Bóveda e Rosalía de Castro. Precisamente, hoxe tamén queremos compartir con vos un poema de Rosalía de Castro que podemos atopar no album "Parece unha rosa" ilustrado por Isabel Pintado e interpretado neste video polo alumnado do CEIP Vista Alegre de Burela. Esperamos que vos guste!

Que teñades un bo día!








viernes, 1 de mayo de 2020

MAIOS

Bo día a todos e todas!

Hoxe, primeiro de maio, dámoslle a benvida a primavera!

Se queredes saber un pouco máis sobre a fermosa tradición da Festa dos Maios, botádelle unha ollada a este vídeo elaborado polo Concello de Poio:


Ademáis, convidámosvos a escoitar esta canción de Luis Emilio Batallán, creada a partir do poema O maio (Aires da miña terra, 1880) de Manuel Curros Enríquez.


Feliz día, lector@s! 📚

jueves, 30 de abril de 2020

PANDEMIA DE CONTOS

Bo día, lector@s!

Convidámosvos a seguir inventado historias, desta vez cun xogo que todos e todas coñecedes e que tanto éxito ten nas nosas aulas: Story Cubes!

Premede nos dados e deixade voar a vosa imaxinación!


E se queredes pasar un bo rato, escoitade esta divertida historia: Raposa lista, da gran Raquel Queizás.


Podedes seguir desfrutando destas e doutras historias na canle de YouTube do Colectivo NOGA #narraciónoralgalega

Que teñades un bo día!📚

martes, 28 de abril de 2020

TÍTULOS QUE CONTAN

Bos días!

Hoxe traemosvos unha actividade diferente. Queremos que contedes apartir dos títulos dos libros que tedes na casa. Pero....

Como podemos facer isto?

Prestade moita atención ao seguinte vídeo onte se mostran varios exemplosde como facelo.




Agora que xa sabedes como crear historias cos títulos dos vosos libros preferidos, animádevos e enviádenos ao mail da biblioteca (biblio.luno@gmail.com) os vosos pequenos relatos para poder compartilos con todos e todas.

Ademais deixamosvos dúas propostas: por un lado, o conto "Frederick" de Leo Lionni e, para que bailedes e cantedes un anaquiño deixámosvos a canción "Esto bailase así" de Uxía Lambona e a banda Molona.

Feliz martes e moito ánimo!



Frederick






Esto bailase así


miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Bo día, lectores!

Como todas e todos sabedes, mañán celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e o noso querido Luno tráenos dúas propostas para desfrutar cos libros sen saír da casa.

1. Fame de palabras

Os libros son alimento para a alma, e estes días, máis que nunca, temos fame de palabras que nos reconforten.

Por iso, compartimos esta actividade que a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia lanzou o pasado 2 de abril (Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil):

"Queremos que nos envíes unha palabra xunto a portada do libro ao que pertence"

Nós xa temos as nosas!


Esperamos con ilusión as vosas palabras!

2. Pílulas de lectura:

Os mestres e mestras do CEIP de Viñas quixemos achegarvos uns anaquiños das máis fermosas historias que coñecemos. Queredes escoitalas?


Se vos gustou algún dos fragmentos que acabades de escoitar, animádevos a ler a historia completa.

Recordade que dende a barra lateral do blogue, no apartado MOITO CONTO!, podedes acceder a un bo número de contos en formato dixital así como ao servicio gratuito de préstamo na web Galicia Le.

Fermosas e incribles historias están esperando por vós.

Moito ánimo e felices lecturas!📚

lunes, 20 de abril de 2020

RETO

Bo día!

Quentamos motores para o vindeiro 23 de abril, Día do Libro.

Seredes quen de adiviñar o título destes libros?


Esperamos as vosas respostas!

Ademáis, animámosvos a entrar no blogue "Soñando Cuentos", onde podedes desfrutar dun bo número de fermosas historias en formato audio.

Premede na seguinte ligazón e elexide o conto que vos apeteza escoitar.


Unha vez que escoitedes o conto, podedes comentalo entre vós ou facer un debuxo dos personaxes ou dalgunha parte da historia.

Moito ánimo e felices lecturas! 🕮