jueves, 13 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS

Como sabedes o 17 de maio celebramos o día das letras galegas. Este ano está dedicado a escritora Xela Arias. Queredes coñecela un poquiño máis? Deixamosvos este vídeo elaborado no CEIP San Pío X de Ourense para que a coñezades mellor. 

 

Ademais, para seguir mantendo viva a nosa lingua, esta semana falaremos todos e todas galego! Seguro que vamos a aprender unha morea de palabras novas! 





martes, 4 de mayo de 2021

MAIOS

Esta semana celebramos os Maios na nosa escola. Pasámolo en grande cantando e tocando as letras que os nenos e nenas da escola compuxeron xunto co profe de música!





lunes, 3 de mayo de 2021

NOVIDADES MAIO

Para este terceiro trimestre traemosvos novos libros e xogos! Queremos seguir coñecendo novos personaxes e viaxar con eles por mundos descoñecidos para nos! Están agardando por vos!!



JORGE PETEIRO

Para rematar o noso proxecto, este mes de maio vamos coñecer a un pintor galego: Jorge Peteiro. Estamos seguros de que vos van encantar os seus cadros! Queredes coñecelo un pouquiño máis? 

 


 

lunes, 26 de abril de 2021

AUTORES POLO MUNDO II

 Xa temos o noso mural repleto de autores dos libros que máis nos gustan. Cada clase colocou o libro que lle tocou preto do país no que naceu o autor ou autora. Está claro que podemos viaxar mediante os libros! A donde nos levarán a próxima vez?







viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Hoxe traémosvos un agasallo a todos os nenos e nenas da escola! Dende fai unhas semanas os mestres e mestras da escola estivemos argallando unha sorpresa para vos para o Día do libro! 

Prestade moita atención ao seguinte vídeo! 



viernes, 16 de abril de 2021

AUTORES POLO MUNDO

Por fin os nenos e nenas xa poideron abrir o agasallo que lles deixei a cada aula. Queredes saber que era? Enviei a cada aula un libro para que investiguen o lugar de nacemento do autor e así, crear entre todos nos un mapamundi de autores do mundo. Todos son libros moi coñecidos por nos e algúns son os nosos favoritos! De que país virán as historias que tanto nos gustan?