lunes, 18 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

 Hoxe, 18 de Outubro, celebramos no cole o Día das escritoras.

Dende a nosa biblioteca puxemos a disposición do alumnado unha serie de libros dalgunhas das escritoras máis importantes da nosa terra. 

Para coñecelas un pouquiño mellor investigamos datos sobre as súas vidas.




lunes, 27 de septiembre de 2021

Día da Conciencia Ambiental

 


Hoxe celebramos no CEIP de Viñas o Día da Conciencia Ambiental.



No recibidor da entrada, contamos cunha exposición de diversos libros adapatados ás diferentes idades do noso alumnado para traballar dende as aulas a importancia e coidado do Medio Ambiente.


 
 




Recorda 💭

Ensinar a coidar o Medio Ambiente é ensinar a valorar a vida. 

 


jueves, 10 de junio de 2021

II Concurso de fotografía

Un ano máis poñemos en marcha o noso concurso de fotografía. Nesta ocasión a temática é libre, queremos que nos enviedes fotos sobre aquelas cousas que máis vos gustan e que vos fan sorrir. Poden ser fotos das vosas paisaxes favoritas, das vosas mascotas ou de calquera outra cousa  que se vos ocurra. 

Unha vez saquedes a foto, tedes que enviala ao cole para poder participar no concurso. Recordade que ten que ser antes do 18 de xuño! 

Estamos desexando ver as vosas marabillosas fotografías! 




jueves, 13 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS

Como sabedes o 17 de maio celebramos o día das letras galegas. Este ano está dedicado a escritora Xela Arias. Queredes coñecela un poquiño máis? Deixamosvos este vídeo elaborado no CEIP San Pío X de Ourense para que a coñezades mellor. 

 

Ademais, para seguir mantendo viva a nosa lingua, esta semana falaremos todos e todas galego! Seguro que vamos a aprender unha morea de palabras novas! 





martes, 4 de mayo de 2021

MAIOS

Esta semana celebramos os Maios na nosa escola. Pasámolo en grande cantando e tocando as letras que os nenos e nenas da escola compuxeron xunto co profe de música!





lunes, 3 de mayo de 2021

NOVIDADES MAIO

Para este terceiro trimestre traemosvos novos libros e xogos! Queremos seguir coñecendo novos personaxes e viaxar con eles por mundos descoñecidos para nos! Están agardando por vos!!



JORGE PETEIRO

Para rematar o noso proxecto, este mes de maio vamos coñecer a un pintor galego: Jorge Peteiro. Estamos seguros de que vos van encantar os seus cadros! Queredes coñecelo un pouquiño máis?