E chegou o Nadal o cole de Viñas! Entre todos decoramos a entrada da escola e tamén recibimos a visita dos trasnos que coma sempre fixéronolo pasar xenial, con moitos bailes e risas.🎅🎄🎉
Tamén aproveitamos para presentar a nova imaxe de Luno Luneiro. Seguro que vos gusta tanto coma a nós!😍
Aquí deixámosvos un pequeno resumo da celebración do fin de ano. Pasámolo en grande!
Aquí podedes ver unha resume da celebración do Día contra a violencia de xénero.
Os alumnos e alumnas estiveron traballando cos contos de Adela Turín e logo tivemos unha sesión de contacontos de Artur Trillo para concienciar sobre a importancia da igualdade e respeto.
Xuntámonos na entrada da escola para ler o noso manifesto e facer un minuto de silencio por tódalas mulleres víctimas de violencia. Deixámosvos o vídeo resumo para que lle botedes unha ollada:
“Mar de Viñas” será este curso o noso proxecto interdisciplinar que xirará entorno á temática do mar. O obxectivo é coñecer a nosa contorna máis próxima, fomentando o respecto ao medioambiente, o coñecemento da flora e da fauna e a valoración dos traballos do sector marítimo máis habituais na zona.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades que bonito está a quedar o colexio!!
Xa chegou Novembro, comezamos este mes celebrando a "Semana da Ciencia". Na entrada do colexio temos unha exposición con moitos libros para que os alumn@s poidan investigar e mergullarse neste mundo tan interesante...
Deixámosvos unhas propostas de experimentos por se queredes practicar a ser científicos ou científicas!!
Hoxe celebramos unha data especial... o tan esperado SAMAÍN!! As pantasmas, as bruxas e demais seres monstruosos invadiron a escola. Tivemos photocall, unha sesión de contacontos e para rematar desfrutamos dunha película de medo.
Ademais este ano volvemos a celebrar o "IV Concurso de microrrelatos de medo" no cal participou todo o alumnado. Pronto coñeceremos os gañadores!!
Xa temos nas nosas mans a publicación A Raxeira, da XXX edición do concurso literario Xaime Illa Couto, que inclúe o poema "A estrela de area" de José Miguel Silva Camacho, gañador do concurso literario do ano 2021/2022.
Na biblio xa temos os nosos exemplares grazas ao Concello de Poio e á Sociedade Cultural Deportiva de Raxó.
Unha vez máis, noraboa ao gañador! E nós, a desfrutar da súa obra.
Como ben sabedes, o pasado 17 de Maio, foi o día da nosa lingua. O día das LETRAS GALEGAS!
Este ano, para seguir mantendo vivo o noso idioma, tivemos no cole a semana da lingua. Na que traballamos e investigamos sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Ademáis tamén participamos nunha proposta moi chula; a creación ou recitado de xogos populares en galego nos diferentes cursos.
Pinchade aquí e veredes que os nosos alumnos son uns auténticos artistas!! 👏👅
A semana da lingua non puido rematar de mellor forma, tivemos a gran sorte de disfrutar de...
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA!!!!
Non vos imaxinades o ben que o pasamos! Bailamos, berramos, brincamos e cantamos coma toliiiiiños!!!!
Foi un pracer gozar deste gran concerto. Xa temos ganas de repetir!
Por último felicitar dende o equipo de Biblio a Jose de 6º que resultou gañador do Certame Xaime Illa.