lunes, 6 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

 

Noticiario de Viñas

No mes de marzo conmemoramos a semana da prensa e a rapazada de 5º e 6º traballamos coa prensa audiovisual. Elaboramos o noso propio noticiario na radio escolar, pero fixémolo cunhas novas un tanto particulares. Porque, quen dixo que un noticiario ten que ser aburrido?

Esperamos que gocedes escoitándoo!











jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro no Ceip de Viñas. 

Para homenaxear á artista, os alumnos e alumnas fixeron a lectura de diferentes poemas. Aquí deixámosvos un vídeo para que vexades cómo o celebramos!!




viernes, 17 de febrero de 2023

ENTROIDO


E chegou o Entroido!!! Os disfraces que escollemos este ano estiveron relacionados coa temática do Mar. Os alumnos e alumnas de Infantil disfrazáronse de nécoras, os de primeiro de estrelas de mar, os de segundo de peixes, os de terceiro e cuarto de de medusas, os de quinto e sexto de piratas e os mestres especialistas de mergulladores. 

Foi un día moi especial!! Fixemos un pasarrúas ata o adro de Poio; alí  os alumnos de 3º e 4º fixeron un rap relacionado co mar e para rematar bailamos todos xuntos a canción "Somos unha marea de xente". 

Pasámolo en grande!!



 

lunes, 30 de enero de 2023

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Hoxe na escola celebramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz

Baixo o lema "Burbullas pola paz", entre todos fixemos un mural no que os alumnos e alumnas decoraron uns mergulladores e recolleron os seus desexos de paz nunhas burbullas.




jueves, 22 de diciembre de 2022

NADAL


E chegou o Nadal o cole de Viñas! Entre todos decoramos a entrada da escola e tamén recibimos a visita dos trasnos que coma sempre fixéronolo pasar xenial, con moitos bailes e risas.🎅🎄🎉


Tamén aproveitamos para presentar a nova imaxe de Luno Luneiro. Seguro que vos gusta tanto coma a nós!😍




Aquí deixámosvos un pequeno resumo da celebración do fin de ano. Pasámolo en grande!









martes, 29 de noviembre de 2022

25 N

Aquí podedes ver unha resume da celebración do Día contra a violencia de xénero.

Os alumnos e alumnas estiveron traballando cos contos de Adela Turín e logo tivemos unha sesión de contacontos de Artur Trillo para concienciar sobre a importancia da igualdade e respeto.

                                            


           


Xuntámonos na entrada da escola para ler o noso manifesto e facer un minuto de silencio por tódalas mulleres víctimas de violencia. Deixámosvos o vídeo resumo para que lle botedes unha ollada:





#PoioPlantaCara #ViñasPlantaCara #25NPoio @cimpoio








martes, 22 de noviembre de 2022

MAR DE VIÑAS

                                                         

                                                              

“Mar de Viñas” será este curso o noso proxecto interdisciplinar que xirará entorno á temática do mar. O obxectivo é coñecer a nosa contorna máis próxima, fomentando o respecto ao medioambiente, o coñecemento da flora e da fauna e a valoración dos traballos do sector marítimo máis habituais na zona. 

Deixámosvos unhas fotos para que vexades que bonito está a quedar o colexio!!