jueves, 26 de septiembre de 2024

COMEZAMOS O CURSO 24-25

 Este ano Viñas vén cargado de fantasía, xa que traballaremos como proxecto de centro a mitoloxía galega, tal e como nos conta o noso Luno neste vídeo tan chuliño que nos envía:



Pouco a pouco iremos descubrindo seres mitolóxicos que non coñecíamos e aprenderemos un pouquiño máis doutros que seguro que xa nos soan. 

Arrincamos entón coa nosa GALICIA MITOLÓXICA. Seguro que a disfrutamos moito :)

Ademais, as clases xa están preparadas coa biblioteca de aula móbil que iremos cambiando cada trimestre, con novidades que están desexando que lles botedes o ollo.



jueves, 30 de mayo de 2024

CINEFORUM DE VIÑAS



Luno presenta a derradeira actividade deste curso vencellada ao noso proxecto de centro. Atentos e atentas!




martes, 28 de mayo de 2024

lunes, 27 de noviembre de 2023

Seguimos aprendendo sobre o cine con Raquel Queizás

  Hoxe visitounos Raquel Queizás co seu fermoso espectáculo sobre Alice Guy, unha muller pioneira no mundo do cine. Mediante o seu relato e as súas imaxes conseguiu introducirnos nos primeiros anos do cinematógrafo. Grazas e ata sempre! 



viernes, 24 de noviembre de 2023

25 N - Crecendo en igualdade

 O 25 N ten sempre especial relevancia no noso centro, é un día de reflexión, de conciencia e de unidade. A biblio de Luno sumase a causa con unha selección de títulos a tal efecto.



 

lunes, 6 de noviembre de 2023

Cinencia!!

Para festexar o día da Ciencia preparamos uns experimentos vinculados ao noso proxecto. Experimentamos os inicios do cine co zootropo e descubrimos os efectos especiais que se poden xerala mediante os hologramas. Non volo perdades!





https://view.genial.ly/6548f503d7f99c0011c48447/interactive-content-cinencia

martes, 31 de octubre de 2023

Samaín terrorífico!

 Con esta ambientación se atoparon os nosos alumn@s cando viñeron a escoitar os contos de medo deste Samaín.