miércoles, 27 de noviembre de 2024

25 DE NOVEMBRO

O 25 de novembro conmemoramos o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Xa que a autora que estamos a traballar este trimestre é Eva Mejuto, escollemos o seu conto "Neko" para traballar todo o centro en conxunto e poder abordar en concreto a violencia exercida contra as mulleres. Foi un libriño que nos encantou ler e que nos fixo reflexionar moito.

O que non sabíamos era que nos esperaba unha sorpresa. Eva e Neko viñan de visita ao cole! Que ledicia poder compartir con eles as nosas sensacións tras traballar o libro, contarlles cánto nos conmoveu e poder facerlles preguntiñas. 

Os compis de 5º e 6º prepararon unha presentación que gravaron na radio escolar e como agasallo, fixémoslle un libriño de recordo con todos os nosos debuxos e reflexións tras ler a historia de Neko 💜




E un dos nosos exemplares da biblio, queda asinado como recordo deste día :)

Grazas, Eva e Neko!

lunes, 4 de noviembre de 2024

SAMAÍN 2024

 Por fin celebramos unha das datas que máis nos gustan en Viñas: O SAMAÍN. 

Como cada ano desfrutamos dunha terrorífica sesión de contacontos na biblio a cargo dos nosos profes. Como non podía ser menos, as historias de terror xiraron en torno á nosa mitoloxía máis sinistra e así, por exemplo, coñecemos a lenda do Urco, un malvado can que vive no noso río Lérez.


E como xa vén sendo tradición, eliximos as gañadoras e gañadores do VI concurso de microrrelatos de medo, que puideron gravar a súa historia na radio escolar. Aquí as tedes para escoitalas de novo!




martes, 15 de octubre de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS

O 14 de outubro celebramos o día das escritoras. Ao longo deste trimestre traballaremos a unha das escritoras galegas coas que máis desfrutamos, Eva Mejuto 😊.



Dende a biblio seleccionamos algúns dos seus contiños (e outros que faltan que temos xa nas aulas) para que cada grupo comece a ler. 

jueves, 26 de septiembre de 2024

COMEZAMOS O CURSO 24-25

 Este ano Viñas vén cargado de fantasía, xa que traballaremos como proxecto de centro a mitoloxía galega, tal e como nos conta o noso Luno neste vídeo tan chuliño que nos envía:



Pouco a pouco iremos descubrindo seres mitolóxicos que non coñecíamos e aprenderemos un pouquiño máis doutros que seguro que xa nos soan. 

Arrincamos entón coa nosa GALICIA MITOLÓXICA. Seguro que a disfrutamos moito :)

Ademais, as clases xa están preparadas coa biblioteca de aula móbil que iremos cambiando cada trimestre, con novidades que están desexando que lles botedes o ollo.



jueves, 30 de mayo de 2024

CINEFORUM DE VIÑAS



Luno presenta a derradeira actividade deste curso vencellada ao noso proxecto de centro. Atentos e atentas!




martes, 28 de mayo de 2024

lunes, 27 de noviembre de 2023

Seguimos aprendendo sobre o cine con Raquel Queizás

  Hoxe visitounos Raquel Queizás co seu fermoso espectáculo sobre Alice Guy, unha muller pioneira no mundo do cine. Mediante o seu relato e as súas imaxes conseguiu introducirnos nos primeiros anos do cinematógrafo. Grazas e ata sempre!