jueves, 18 de junio de 2020

ONDE ESTÁ HERMENEXILDO?

Bos días!!

En primeiro lugar, vamos anunciar o gañador do I Concurso de fotografía! Gracias a todos e a todas por participar e facer unhas fotos tan fermosas, foi moi, moi difícil elixir unha. 
O gañador do concurso foi Jairo (Infantil), 
Noraboa por esta marabillosa foto "La tranquilidad de la naturaleza".No cole tes un agasallo esperando por ti!



Antes de irnos, vamos a deixarvos un conto moi coñecido e que vos gusta moito a todas e a todos: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Como non podemos ir a biblio a leelo, van ser os nenos e nas do CEIP Carballeira de Lourizán os encargados de contarnos esta divertida historia coa que seguro que vos vades a rir moito. Estade atentos!



Tamén vos traemos un xogo deste conto, tan so precisades este taboleiro uns dados e unhas fichas para comenzar a xogar e descubrir onde está Hermenexildo. Estades preparados?







Agora toca despedir o curso, moitas gracias a todos por vir visitarme a biblioteca, por leer os contos que gardo nela e por coidala tanto como eu o fago. Agardo pasedes un bo verán, que sigades sendo tan bos lectores e que disfrutedes moito destas vacacións. Vémonos en setembro!


Luno Luneiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario