domingo, 13 de diciembre de 2020

TAN PRETO

Como sabedes tan só quedan unhas semanas para rematar este ano 2020 que tantos cambios nos troixo. Foron 12 meses nos que as nosas vidas e os nosos hábitos mudaron por completo. Agora é o momento de botar unha ollada atrás e recordar.

Para iso, hoxe traémosvos dúas propostas e un fermoso agasallo.

-A primeira delas é un conto moi especial adicado a todos os nenos e nenas de Poio. O conto chámase Tan Preto e foi escrito por Tamara Andrés e ilustrado por Marcos Viso. Non quero adiantarvos nada máis, gardade silencio e prestade moita atención!


-Como vistes, neste conto a autora fai un repaso de todas aquelas cousas que moitos de nos fixemos e sentimos durante moitos meses, como por exemplo recuperar os xogos perdidos ou cultivar a nosa paciencia. Agora é a vosa quenda, queremos saber que actividades novas coñecistes estos meses, que cousas botádes de menos ou que vos fixo sentir toda esta situación. Queremos crear o noso propio libro recollendo as vosas ideas. Para iso, só tedes que facer memoria e ilustar os vosos pensamentos. 

O noso libro xa está empezado, anímaste a engadirlle novas páxinas? Estamos agardando por elas!Bótalle un ollo!


















 

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario