Bos días a todos e a todas, a semana pasada vivimos unha das festividades que máis nos gustan: O ENTROIDO! Pasámolo en grande e, como sempre o meco deunos instrucción de como tiñamos que vir cada día da semana. Desta vez, tocounos vir de pintores e pintoras. Troixemos flores como Frida Khalo, unha orella vendada como Van Gogh, puntiños na cara para aprender a técnica artística do "Puntillismo" e, por suposto, tamén tivemos que traer un ollo na fronte como os que pinta Miró, a quen xa coñecemos moi pero que moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario