Como cada curso celebramos no cole o Día da Paz.
O lema prosposto para este ano era: "Un peixiño pola Paz". Cada alumno/a era o encargado/a de escribir unha mensaxe positiva e con sentimentos bonitos neses peixiños tan variados para festexar este día. Ademais tamén puidemos disfrutar de diferentes lecturas relacionadas coa temática.
O resultado da actividade quedou fenomenal e sobre todo mooooi colorido. Déixovos aquí unha mostra. Espero que vos guste!
🐠🐟🐡
No hay comentarios:
Publicar un comentario